Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
SANIDAD
O xinecólogo lucense Francisco Vázquez publicou un artigo no 'New England Journal of Medicine', a publicación científica con maior impacto mundial no seu ámbito, no que aborda un revolucionario tratamento para os miomas uterinos. No artigo publica os resultados dun estudio que permitirá aplicar un tratamento revolucionario para os miomas uterinos, os tumores benignos máis frecuentes na muller durante a súa época reprodutiva, que foi desenvolvido por un equipo de investigación internacional na que participou de xeito destacado o doutor Francisco Vázquez.
Os miomas uterinos afectan a unha de cada dous mulleres despois dos 40 anos, provocando anemia, debido ao sangrado excesivo, ademais de dor pélvica, presión pélvica e dor menstrual, reducindo a calidade de vida e ocasionando infertilidade nalgúns casos.
A eficacia do tratamento, acetato de Ulipristal, que pertence a unha nova familia de fármacos, segundo explica, os chamados moduladores selectivos de receptor de proxesterona, confirmouse en dous ensaios clínicos multinacionais e multicéntricos, como alternativa aos tratamentos actuais, que son principalmente cirúrxicos.
Os non cirúrxicos que se estaban a aplicar ata o momento resultaron, segundo precisa, pouco eficaces e ademais só se poden administrar durante un curto período de tempo, nun máximo de seis meses, provocando uns severos efectos secundarios e só útiles para reducir o tamaño do mioma antes da cirurxía. Entre as complicacións que producen figuran a perda de masa ósea e sintomatología menopaúsica intensa, pois suprimen a secreción de hormonas femininas do ovario.
Non obstante, o tratamento con este produto, segundo resalta, controla rapidamente o sangrado, e, polo tanto, a anemia e reduce o volume e tamaño dos miomas, evitándolles a cirurxía a moitas pacientes. Ademais, diminúe a dor e mellora a calidade de vida, tolérase moi ben e non produce efectos adversos sobre a masa ósea nin o estradiol (hormona feminina).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
ELECCIONES AUTONÓMICAS
Cuenta atrás para el 15M en Castilla y León: Así se vota desde fuera de España
Lo último
Gonzalo Iglesias Sueiro
Ilustración oscura (NRx)
RESTABLECER LA NORMALIDAD
Clemente González: “Para San Vicente é necesario un proxecto de pobo”
DESFILE ESCOLAR
Los escolares animaron plazas y rúas en Celanova