SEGMENTO PRÉMIUM
Una pequeña joyería de chocolate oculta en París
O Grupo Parlamentario do BNG censurou este luns a concesión de axudas públicas, contratos e convenios por parte de concellos, deputacións e a propia Xunta para a celebración e difusión de corridas de touros en Galicia. Resulta 'paradoxal', a xuízo do deputado autonómico Bieito Lobeira, que se conceda este tipo de axudas mentres 'o PP fai bandeira dunha aparente austeridade' e dada a situación de crise das administracións locais.
Por iso, xunto con a voceiro de Medio Ambiente do Bloque na Cámara galega, Isabel Sánchez Montenegro, rexistrou diferentes iniciativas parlamentarias encamiñadas a coñecer 'a canto ascenden os subsidios públicos para este tipo de espectáculos' e, particularmente en Muíños (Ourense), a reclamar 'unha investigación específica co fin de descubrir se houbo utilización fraudulenta de fondos comunitarios para organizar as súas corridas'.
Tras explicitar o seu 'rexeitamento' a este tipo de eventos polas súas implicacións 'ideolóxico-políticas' e polas relativas á protección animal, os deputados da formación frentista inciden nas súas iniciativas nas 'posibles irregularidades e vulneración da legalidade en materia de protección animal e sanidade'.
Convencidos de que as corridas de touros 'non se sosterían por si mesmas' de non ser polo apoio institucional debido á súa escasa 'adhesión social', denunciaron tamén que a TVG publicitase a celebrada en Muiños. 'Contrasta a difusión deste evento coa aceptación e o interese social que esperta en Galicia', concluíron.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGMENTO PRÉMIUM
Una pequeña joyería de chocolate oculta en París
Segmento prémium
El lujo que mira Hong Kong desde arriba
turismo prémium
El refugio gaditano para despedir el verano frente al Atlántico
Lo último
CON RESPALDO PARA AVANZAR
Luz verde a los nuevos parques eólicos de Coto da Mina y Treboada, en Ourense y Lugo
RIOS DESBORADADOS Y CALLES ANEGADAS
Galería | Así queda la comarca de Valdeorras tras los desbordamiento de algunos de sus ríos, en fotos