SOLDADOR DE LA NASA
Modesto Camoeiras, el ourensano enamorado de Holanda que se hizo a sí mismo
'Ser eficiente significa facer máis con menos. E así o fixemos co videoxogo interactivo 'Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar', como se demostra nas máis de 5.000 persoas que desde o pasado 6 de marzo completaron este xogo virtual que estivo accesible a través de medios dixitais e de redes sociais como Tuenti ou Spotify'. Así o subliñou onte o director do Inega, Eliseo Diéguez, no acto de entrega de agasallos aos gañadores do sorteo correspondente á campaña divulgativa e de sensibilización sobre o aforro e a eficiencia enerxética que o Inega puxo en marcha con motivo do 'Día Mundial da Eficiencia Enerxética', o pasado 4 de marzo.
O sorteo realizouse entre o conxunto de persoas que realizaron axeitadamente o xogo entre o 6 e o 25 de marzo, datas nas que estivo activa a campaña de aforro que o Inega puxo en marcha con motivo do 'Día Mundial da Eficiencia Enerxética'. A rifa realizouse de xeito aleatorio pola propia aplicación como garante de obxectividade. Os agasallos, únicos e intransferibles, consistiron en 10 bicicletas, 12 cepillos dentais solares, 30 papaventos, 20 monopatíns, 10 patinetes e 20 táboas de bodyboard.
O director do Inega destacou 'a receptividade que tivo esta campaña de concienciación cidadá desenvolvida a través das novas tecnoloxías, mediante a que promovemos o aforro da enerxía con pautas sinxelas recollidas nun videoxogo, no que o usuario, da man dos protagonistas Super-E e a Familia Efi, construíron un exemplo de casa modelo de aforro e eficiencia enerxética'.
Asemade, asegurou que a iniciativa foi 'todo un éxito' e dixo estar 'satisfeito polo grao de participación e mesmo pola procedencia dos visitantes, de 44 países e de 99 cidades diferentes, chegados desde lugares tan remotos como Finlandia, Mozambique, Uruguai ou os Estados Unidos'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?