FACILIDAD DE ACCESO
El PP celebra una jornada sobre vivienda en Maceda
REFERENTE DO VERÁN
Maceda volveu demostrar onte que o espírito entroideiro non entende de calendarios nin se vive exclusivamente cada frío inverno. A vila acolleu este sábado o XVII Entroido Quente, cita organizada pola asociación homónima en colaboración co Concello que naceu para manter viva a chama da festa máis senlleira da provincia en pleno xullo. Veciños e visitantes botáronse ás rúas ben disfrazados, combinando o espírito do entroido tradicional cos pasarrúas, e maridado con inxentes cantidades de troula e retranca. Esteban Prol, da asociación, salientou que “por sorte non choveu e veu moita xente malia ser día festivo”.
A tarde botou a andar co Rally do Humor, outra cita que evoca a outro clásico dos eventos ourensáns. A diferenza da competición automovilística, en Maceda trátase dunha yincana con probas e pistas polo centro urbano no que competiron 17 equipos, con eliminatorias e final. En paralelo, os máis pequenos contaron coa súa versión, onde os xogos con auga refrescaron a tarde mentres a charanga BCB amenizaba as principais rúas macedás. Para cargar enerxías antes da noite, a barra da festa acolleu a habitual cea popular, desta vez cun menú a base de empanada e paella.
Un dos momentos máis aclamados foi a final da Batalla de Galos pola noite. Ata 16 rapeiros de diversos puntos de Galicia enfrontáronse recitando enxeñosas rimas e debidamente disfrazados. O peche dunha velada inesquecible correu a cargo dos concertos de Mekanika Rolling Band, os ritmos variados de Atacapaca e a sesión do DJ Paulo Seoane, intres no que os asistentes “sacaron o millo”, confirmando que o Entroido tamén é para o verán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FACILIDAD DE ACCESO
El PP celebra una jornada sobre vivienda en Maceda
CONCENTRACIÓN CON 50 PERSONAS
Una veintena de coches clásicos se pasearon por Maceda
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico