O grupo Os do Fuelle convidan a súa II Xuntanza en Maceda
Música Tradicional
A segunda edición contará coa Escola Xuvenil de Acordeóns de Campelo (Poio) e os Amigos do Acordeón de Celanova
O sonado grupo macedao “Os do Fuelle” celebra mañá a II Xuntanza “Amigos do Fuelle”, logo do éxito que tivo a primeira edición celebrada o pasado marzo. Juan “Tito” González, director da agrupación, explicou que a idea naceu “para desfrutar nós da música nun ambiente máis informal”, reunindo “aos nosos amigos e ao público que nos acompaña en tódolos concertos nunha cea”.
Na primeira cita, que congregou a preto de 150 amantes da música, Os do Fuelle convidaron á Escola de Música Tradicional de Trasmiras “da que somos moi amigos” e ao grupo Lume na Lareira, chegados dende A Estrada. “Foi tan ben e pasámolo tan ben, que logo desa experiencia piloto decidimos repetir”. A premisa sobre a que traballan é convidar a dous grupos amigos -máis eles- e pasar unha velada cantando, bailando e estreitando as relacións entre os asistentes. “Unha das cousas que máis desfruta a xente das escolas son as reunións e a convivencia tanto nas clases coma fóra delas”, apuntou Tito.
Esta segunda edición terá lugar mañá ás 21,00 horas no restaurante A Diligencia, e contará coa Escola Xuvenil de Acordeóns de Campelo -de Poio, Pontevedra- e os Amigos do Acordeón de Celanova.
As reservas para poder asistir ao encontro pódense facer directamente no restaurante e o prazo para inscribirse remata hoxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SE SIENTE "HONRADA"
Barbra Streisand recibirá la Palma de Oro honorífica
PARTIDO DURÍSIMO
El COB, hasta lo humanamente posible ante el Básquet Coruña (59-74)
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 12 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 12 de marzo