Maceda homenaxea a Francisco Carballo polo seu centenario

ASOCIACIÓN AMIGOS

 Ás 11,30 horas terá lugar a lectura dun texto de Francisco Carballo diante da súa casa natal en Celeirón (Maceda)

Francisco Carballo
Francisco Carballo

O Concello de Maceda homenaxeará o vindeiro sábado 15 de marzo ó escritor, sacerdote e teólogo Francisco Carballo Carballo co gallo do centenario do seu nacemento. Francisco Carballo naceu en Celeirón (Maceda) o 8 de marzo de 1925, e dende a Asociación Amigos de Francisco Carballo, en colaboración co concello e a fundación Terra e Tempo, prepararon unha xornada de actos na súa memoria.

Ás 11,00 horas farase unha ofrenda floral no cemiterio de Asadur, na que intervirá Miguel Anxo González Ramos, sobriño neto de Carballo. Ás 11,30 horas farase a lectura dun texto do homenaxeado diante da súa casa natal en Celeirón, e intervirá Celso Sánchez, ex tenente alcalde de Maceda. Posteriormente intervirá Uxía Oviedo, actual alcaldesa, durante o encontro na Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda.

O acto central terá lugar ás 12,30 horas na Casa da Cultura, e no que a música será a conta de Ergutío Cantareiras e haberá numerosas intervencións. Falarán Beatriz Cuenca, concelleira de Cultura; Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo, que presentará o monográfico “Francisco Carballo. Na fronteira do eclesial e co corazón na Galiza”; Milagros Calvo Carballo, sobriña de Carballo; Manuel Peleteiro e Antón Gómez, crego inculturado e excura obreiro respectivamente; Xan Carballa, xornalista; Bieito Seara, exalcalde de Maceda, e Ana Pontón, Portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego.

Contenido patrocinado

stats