Avanzan as melloras de varios camiños agrarios
PLAN CAMIÑA
Tamén se prevén novas actuacións dentro do Plan Camiña, en Cimadevila e no acceso ás viñas a través de Seoane
O Concello de Manzaneda continúa coa execución das obras de mellora dos camiños agrarios, cunha nova intervención no camiño secundario que conecta Bidueira con Raigada. Os traballos actuais céntranse no nivelado e engravillado do ancho da vía, actuacións previas ao posterior rego asfáltico. Esta intervención forma parte das actuacións previstas para a anualidade 2025 dentro do Plan de Mellora de Camiños Agrarios, e compleméntase co arranxo xa finalizado do camiño principal de acceso a Bidueira desde a estrada OU-0701. Con un investimento de 28.400 euros, leváronse a cabo importantes melloras no camiño principal de acceso a Bidueira, incluíndo a limpeza profunda das cunetas, o bacheo de puntos deteriorados e a aplicación dunha capa de rodaxe mediante dobre rego asfáltico.
En paralelo, tamén se prevén novas actuacións dentro do Plan Camiña, en Cimadevila e no acceso ás viñas a través de Seoane.
Nesta semana, unha vez obtidos os informes de control de calidade correspondentes a dúas catas realizadas nos camiños mellorados, remitiuse toda a documentación final de obra, así como a xustificación da subvención correspondente, diante da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRAS DE INFRAESTRUCTURAS
Manzaneda mejora el vial Soutelo-San Martiño
ÁRBOLES AFECTADOS
Polémica tala en el entorno de la estación de montaña de Manzaneda
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
VIOLACIÓN DE SERVICIOS DIGITALES
Bruselas acusa a Meta de incumplir la ley europea por el "diseño adictivo" de Instagram y Facebook