TRASLADADO EN HELICÓPTERO
Herido un matrimonio septuagenario en una salida de vía en Langullo, Manzaneda
ACTIVIDADES
O CEIP de Manzaneda está de aniversario. Este ano 2025 cúmprense cincuenta anos desde a súa apertura, medio século de historia educativa que será celebrado este sábado 10 de maio cunha gran festa nas propias instalacións do centro. A cita quere reunir antigas e novas xeracións arredor dun proxecto común: o colexio que marcou a vida de moitos veciños e veciñas non só do municipio, senón de pobos de concellos limítrofes.
A celebración nace como peche dun curso no que o centro puxo en marcha distintas iniciativas para conmemorar esta efeméride. Baixo o lema “Eu fun ao cole a Manzaneda e sobrevivín”, promovéronse campañas de venda de camisetas e bolsas conmemorativas co obxectivo de recadar fondos para organizar os actos do aniversario.
A festa dará comezo ás 10,30 da mañá coa apertura do colexio e a recepción de autoridades, e continuará cun programa cheo de actividades para todos os públicos. A música será protagonista con actuacións do alumnado actual, ademais de teatro e versos recitados por parte de antigos alumnos. A xornada tamén contará cunha sorpresa musical dos irmáns Gutier e Javier Álvarez, exalumnos do centro e coñecidos pola súa traxectoria musical.
A partir das 14,00 horas, haberá comida compartida e sorteo, e xa pola tarde, ás 17,30, será a quenda do concerto de “Uxía lambona”. A festa rematará pola noite cun guateque organizado en colaboración coa ANPA, previsto para as 20,00 horas. O xantar será no pavillón e os concertos na pista das piscinas.
Desde o centro escolar destacan que se trata dunha xornada moi especial: “Temos moito que celebrar, e se chove... que chova!”, reza o cartel que anuncia o evento. Medio século de aprendizaxes, amizade e comunidade que este sábado volverán a encher os corredores do colexio de vida, xuntando netos, pais e avós como alumnos.
As entradas, cun prezo entre 25 euros a partir dos 12 anos e 10 euros para os menores desa idade. Os tickets están á venda nos establecementos da vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRASLADADO EN HELICÓPTERO
Herido un matrimonio septuagenario en una salida de vía en Langullo, Manzaneda
FESTA TRADICIONAL
Os cantos polas adegas percorreron Manzaneda
CINCO ADEGAS DE VECIÑOS
Os Cantos de Adega regresan a Manzaneda
Lo último