MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
MULLERES NO RURAL
O Concello de Manzaneda acolleu a presentación oficial do proxecto de cooperación “Mulleres que Contan”, unha iniciativa na que participa activamente o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea. Trátase dunha proposta impulsada por varios GDR galegos que ten como obxectivo poñer en valor as experiencias, saberes e coidados das mulleres do rural.
O acto de presentación foi a primeira toma de contacto coas mulleres do territorio. Durante o evento, que tivo lugar o pasado mércores, o actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, xunto coa diretora do proxecto Hadriana Casla, achegaron unha perspectiva emotiva e inspiradora do proxecto.
“Mulleres que Contan” pretende conformar un grupo de mulleres que compartan sinérxias, vivencias e proximidade, a través dunha serie de obradoiros e actividades centradas na memoria e o coidado.
O foco estará posto na recollida de saberes relacionados cos coidados que tradicionalmente asumiron as mulleres do rural maiores de 65 anos que queiran compartir as súas vivencias e participar activamente no desenvolvemento da proposta: atención ás crianzas, aos pais e nais, así como ao seu propio autocoidado, un aspecto moitas veces invisibilizado.
Este proxecto está coordinado pola Asociación Deloa, e participan nel tamén o GDR Asociación Miño-Ulla, o GDR Ribeira Sacra-Courel e o Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea. A Asociación Castelo Conta actúa como entidade colaboradora, achegando a súa experiencia previa no desenvolvemento deste tipo de iniciativas.
A posta en marcha de “Mulleres que Contan” supón un recoñecemento do papel fundamental das mulleres rurais, así como unha oportunidade para crear comunidade, reforzar lazos e preservar unha memoria colectiva que forma parte esencial do noso patrimonio inmaterial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
RESUENAN LAS CORNAS
Galería | Los pastores que mantienen viva la tradición en Manzaneda
Lo último