TRES PISTAS ESQUIABLES
Marzo arranca con sol y nieve en Manzaneda
SEN TREGUA
Noites que se dan interminables en Manzaneda e se extenden aos días. Entre fume, lapas e o berro constante dos motores das motobombas, varios pobos loitaron ata o esgotamento para librarse dun lume que non dá tregua. A serra de Cernado, Palleirós e Raigada vivían co latexo acelerado, sabendo que cada racha de vento podía decidir o seu destino. Co amencer, lonxe de chegar a calma, o lume buscaba un novo camiño: esta vez, cara a Requeixo.
As lapas, empurradas polo vento, baixaban desde Placín cara a Corredoira, chegando a cortar a estrada. San Pedro desaloxado e San Paio rodeado
O municipio segue acorralado, con aldeas enteiras na súa mira. Pola mañá, un comunicado municipal puxo nome ao medo: “O lume de Mormentelos, unido ao lume trasladado dende o foco en Manzaneda e Chandrexa, está a asediar a parte suroriental do concello: Palleirós, Raigada e Cernado”. En Cernado, a situación chegou ata o punto de ter que prender lume en contra, unha manobra desesperada para evitar que o incendio entrase nas casas.
cOa cobertura móbil case inexistente, coordinarse era un reto constante durante a xornada do venres no municipio
As horas pasaban a golpe de tensión. Bulldózer, brigadas, UME, Protección Civil, veciños coas súas propias mans... todos unidos contra un inimigo común que medraba sen descanso. O mediodía trouxo novas malas: o lume achegábase perigosamente a Requeixo e Parada de Abaixo. As lapas, empurradas polo vento, baixaban desde Placín cara a Corredoira, chegando a cortar a estrada. San Pedro desaloxado e San Paio rodeado. Cadeas humanas intentan apargar con caldeiros de auga e ramas, pero todo se fixo pouco. Ao peche desta edición varias as aldeas seguen en perigo mentres centos de mans lotan por impedilo.
A comunicación era outro inimigo. Coa cobertura móbil case inexistente, coordinarse era un reto constante. Pero todos coincidían nunha cousa: non abondan as mans, nin os medios, nin o descanso. Manzaneda segue loitando, sabendo que cada hora conta, nesta batalla, a esperanza tamén precisa combustible para non apagarse.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES PISTAS ESQUIABLES
Marzo arranca con sol y nieve en Manzaneda
PLAN MUNICIPAL
Manzaneda refuerza su política contra incendios
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior