MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
NA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO
A Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración co Concello de Manzaneda para acometer obras de mellora no vial que conecta o núcleo de Soutelo coa parroquia de San Martiño. A intervención, enmarcada no Plan Hurbe, suporá un investimento total de máis de 180.000 euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, formalizaron o acordo co alcalde Amable Fernández Basalo.
As obras mellorarán o pavimento, beirarrúas e unha senda nun tramo de 560 metros, ademais da rede de pluviais e a creación de pequenas zonas verdes. Este vial, que conecta Manzaneda, Soutelo, San Martiño e Rozavales, é a principal comunicación entre estas localidades e a estrada cara á Pobra de Trives, sendo ademais moi transitada por visitantes da zona.
A Xunta financiará o 70 por cento do orzamento, 126.000 euros, e asumirá tanto a contratación como a execución das obras. O 30 por cento restante, arredor duns 54.000 euros, corresponde ao Concello de Manzaneda, e será cuberto, segundo sinalan desde o Consistorio, con achegas da Deputación de Ourense. O prazo previsto de execución é de catro meses.
Estas actuacións enmárcanse no Plan Hurbe, que busca apoiar ás entidades locais na mellora dos espazos urbanos e na accesibilidade, reforzando o desenvolvemento dos núcleos rurais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
RESUENAN LAS CORNAS
Galería | Los pastores que mantienen viva la tradición en Manzaneda
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Los buitres tocan fondo
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xogar con lume e caseiros sensibles
PRIMERA FEB
Un Tizona para desconfiar