“O Segredo do Fulión” estréase en Manzaneda
curtametraxe DOCUMENTAL
O documental verase este venres ás 19,30 horas no centro de día
Este venres, ás 19,30 horas, o Centro Cultural de Manzaneda acollerá o preestreo do curtametraxe documental “O Segredo do Fulión”, unha homenaxe aos Entroidos ancestrais do oriente ourensán, recoñecidos este ano como Festa de Interese Turístico Nacional.
O filme, producido por Andaman Multimedia e Mirabelle Comunicación, céntrase na celebración da foliada deste Entroido en Cernado, unha pequena aldea do concello de Manzaneda, na que durante todo o ano apenas ten media ducia de casas abertas. Da man da actriz ourensá Mariana Carballal e do narrador local Aimar Vega, a cinta convida ao espectador a descubrir os segredos desta tradición única en Europa, marcada polo son dos fulións, as mázcaras e ritos que afunden as súas raíces nos tempos anteriores. No relato participan tamén o músico Carlos Núñez e o etnógrafo Rafael Quintía.
“O Segredo do Fulión” amosa como, no medio do proceso de despoboamento rural, unha pequena comunidade mantén viva unha das manifestacións máis antigas da cultura atlántica. A cinta recolle a danza xiróvaga das máscaras, o inconfundible toque dos fulións e as cerimonias que, xeración tras xeración, converteron o Entroido nun auténtico patrimonio inmaterial.
O acto deste venres, concibido como unha “xuntanza” de veciños e fulións, contará coa presenza dos protagonistas do documental, dos representantes dos concellos de Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, así como dos patrocinadores principais: Inorde e o xornal La Región. A colaboración con La Región terá continuidade o domingo 28 de setembro, cando o diario ofrecerá aos seus lectores un acceso exclusivo ao documental a través dun código QR na portada que permitirá gozar da obra íntegra en streaming. Tras este preestreo, “O Segredo do Fulión” formará parte da mostra Made in OU do Festival de Cine de Ourense (OUFF), que celebra este ano a súa edición número trinta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XORNADAS DE FOLCLORE
Manzaneda viaja por el mundo al ritmo de la danza
ESTACIÓN DE MONTAÑA
Manzaneda: eclipse en la montaña
Lo último
LEMBRANZAS
Ourense no tempo | Un Barbaña bajo cubierta
"A TERRA DO ANEL"
O OUFF comeza unha viaxe fantástica polos reinos de Tolkien
EN LA AUDIENCIA PROVINCIAL
A juicio, el funcionario de Xinzo acusado de ser el cerebro de una narcobanda
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio