A AG-53 terá unha nova área de servizo e aparcadoiros para coches e camións en Maside
94 ESTACIONAMIENTOS
O Consello da Xunta tomou hoxe razón do informe da licitación da obra de urbanización dun aparcadoiro disuasorio na autoestrada Dozón- Ourense (AG-53), á altura do concello de Maside, que inclúe a previsión para unha área de servizo e aparcamento seguro para camións nesta vía autonómica libre de peaxe, que suporá un investimento que supera os 3,6 M€. Tratase de darlle o pulo definitivo á dotación dunha área de servizo na AG-53, no punto quilométrico 80+465, con acceso directo en sentido Santiago de Compostela e conexión mediante un paso a distinto nivel en sentido Ourense.
A funcionalidade desta intervención será triple: ao incluírse na mesma a área de servizo, con subministración de combustible e zona de esparexemento; aparcadoiro disuasorio tipo carpooling e aparcamento seguro para camións.
O proxecto contempla a execución dos accesos á área de servicio, completando os ramais existentes e realizando as novas vías que resulten necesarias, así como o movemento de terras en toda a parcela dispoñible, tanto para os aparcadoiros para vehículos lixeiros e para vehículos pesados así como para a implantación dunha estación de servizo, (cuxo contrato de licitación de concesión realizarase ao longo do ano 2026).
Unha vez executados os accesos e o movemento de terras, procederase á urbanización da parcela e dos propios aparcamentos, nunha superficie de 14.900 m2, e realizarase a restauración ambiental de toda a superficie que forma o dominio público nesta zona, incluída a que non ocuparán directamente as obras. Ademais, baixo este contrato, promóvese a conformación dun aparcadoiro con 84 prazas de aparcamento nunha primeira fase, e previsión de ampliación ata 132 prazas.
En concreto, o contrato licitado inclúe 54 prazas para vehículos lixeiros, quedando previstas 40 prazas adicionais planificadas e coa explanada xa executada, para un total de 94. En 3 prazas realizarase preinstalación para unha futura recarga do vehículo eléctrico. Así mesmo, se propón o desenvolvemento de 28 aparcamentos para vehículos pesados, quedando previstas oito prazas adicionais planificadas e coa explanada xa executada, para un total de 36.
As empresas interesadas neste contrato, teñen de prazo ata o vindeiro día 22 de xullo para presentar as súas ofertas. O obxecto da Xunta de Galicia é adxudicar e poder iniciar estas obras no último trimestre deste mesmo ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXCAVACIÓN ARQUEOLÓGICA
Hallan restos de “pallabarro” y semillas en Santa Mariña
RETIRADOS LOS FRAGMENTOS
El Seprona investiga los daños al cruceiro de San Xoan de Piñeiro en Maside
Lo último
"GRAN CAPACIDAD DE TRABAJO"
Baltar y Delgado trasladan su "apoyo" a Ana Méndez como una "excelente candidata" a la Alcaldía de Ourense