VERÁN CULTURAL 2026
Montederramo pone la banda sonora a su verano
AUTOBÚS ESCOLAR
Veciños da parroquia de Marrubio, en Montederramo, amosan o seu malestar polos recentes cambios na ruta do autobús escolar, que obrigan a varios nenos a desprazarse ata 300 metros para acceder ao servizo, malia que o vehículo continúa pasando por diante das súas casas.
“Desde a nosa casa ata a parada os nosos fillos agora teñen que andar 300 metros para atrás. Todo isto mentres o autobús segue pasando por diante da nosa casa”, explica unha nai afectada.
A situación afecta principalmente ás zonas das Lamelas e do Outeiro, onde o autobús deixou de realizar parada, o que, segundo os veciños, está a provocar rutas “sen sentido” sen entender que pasen “practicamente baleiros” e lles custe facilitar o servizo aos máis pequenos. Reclaman unha revisión urxente do servizo e unha solución adaptada á realidade do rural.
Pola súa banda, desde a Xunta aclaran que a parada de Marrubio é a única autorizada no catálogo oficial e que non consta ningunha solicitude tramitada polos cauces establecidos para modificar o itinerario. Engaden que calquera cambio deberá axustarse aos criterios da Instrución Conxunta sobre o transporte escolar .
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VERÁN CULTURAL 2026
Montederramo pone la banda sonora a su verano
DECLARADO BIC
Montederramo embellece el entorno de su Monasterio
DAÑOS FÍSICOS Y MATERIALES
Deniegan una indemnización de 45.000 euros a un motorista que atropelló a un lobo en Montederramo
MEJORA DE INFRAESTRUCTURAS
Montederramo mejora la carretera de A Castiñeira
Lo último
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
PRIMERA FEB
COB, kilómetro cero
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo