VERÁN CULTURAL 2026
Montederramo pone la banda sonora a su verano
11 E 12 DE OUTUBRO
O Concello de Montederramo acollerá os días 11 e 12 de outubro outra edición da Feira da Carne, que cumple trinta anos, e Exposición de Gando Vacún, na súa séptima edición, unha cita que reunirá gandeiros, produtores e visitantes arredor da carne local.
O programa arrinca o sábado 11 de outubro, coa entrada do gando no recinto da exposición, situado na nave do Concello, entre as 16,00 e as 22,00 horas. A partir da medianoite, a festa continuará coa música da charanga CLK e o DJ Alex Prieto.
O domingo 12 de outubro, a xornada comezará ás 10,00 horas coa apertura do recinto e, a partir das 11,00, coa venda de carne local. Ás 12,30 terá lugar a entrega de agasallos ás gandarías participantes e, ás 14,00 horas, abrirase a carpa para o xantar popular elaborado con carne de Montederramo. A música das charangas El Tattoo e Nova de Trives animará o ambiente durante o día.
A comida, que se servirá baixo carpa, estará elaborada a base de produtos locais: empanada de carne, carne ao caldeiro, carne richada e bica. As entradas están xa á venda na Oficina de Turismo a un prezo de 22 euros. Os menores de 10 anos non pagan.
Unha das novidades da programación é a Ruta das Vacas por Montederramo, que busca achegar ao público o traballo diario das gandarías locais e poñer en valor o esforzo das familias que sosteñen o sector.
Durante o percorrido, as persoas participantes poderán visitar diferentes explotacións e coñecer de primeira man como se realiza a recría e o cebo dos becerros. Os gandeiros abrirán as portas das súas instalacións e estarán dispoñibles para resolver dúbidas e explicar aspectos relacionados coa alimentación, coidado e cría do gando vacún.
Ademais, a ruta combina o interese didáctico coa gastronomía. Ao rematar, diante do Mosteiro de Santa María de Montederramo, ofreceranse minihamburguesas elaboradas con carne de tenreira da zona, unha oportunidade para degustar un produto de calidade e con selo propio.
As visitas requiren reserva previa no Bar Bodegón, no teléfono 666 580 754, o que garante unha organización axeitada e grupos reducidos para favorecer a interacción cos gandeiros.
Con esta ruta, Montederramo propón unha experiencia que une turismo, tradición e gastronomía, reforzando a súa identidade como territorio ligado á carne de calidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VERÁN CULTURAL 2026
Montederramo pone la banda sonora a su verano
DECLARADO BIC
Montederramo embellece el entorno de su Monasterio
DAÑOS FÍSICOS Y MATERIALES
Deniegan una indemnización de 45.000 euros a un motorista que atropelló a un lobo en Montederramo
MEJORA DE INFRAESTRUCTURAS
Montederramo mejora la carretera de A Castiñeira
Lo último
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
PRIMERA FEB
COB, kilómetro cero
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo