VERÁN CULTURAL 2026
Montederramo pone la banda sonora a su verano
1300 ASISTENTES
Montederramo viviu onte unha xornada festiva marcada polo bo tempo e pola gran participación veciñal e visitante na trixésima edición da Festa da Carne e a sétima Feira de Gando Vacún.
Baixo un sol espléndido, centos de persoas achegáronse ata o recinto feiral para gozar dunha das citas gastronómicas e gandeiras máis consolidadas da provincia.
As entradas para o xantar popular, organizado polo Concello, esgotáronse días antes do evento, e finalmente 1.300 persoas compartiron mesa baixo a gran carpa instalada no recinto. O menú, elaborado con produtos locais, incluíu empanada de carne, carne ao caldeiro, carne richada e bica, a un prezo de 22 euros, con entrada gratuíta para menores de dez anos.
A carne servida procede de nove tenreiros de Montederramo, e cos excedentes habilitouse un punto de venda de carne fresca á entrada do recinto, que rexistrou longas colas de compradores durante toda a mañá.
O alcalde, Óscar Diéguez, amosouse satisfeito pola gran acollida: “A comida ten moi boa aceptación, e moita xente quedou sen entrada polo rápido que se venderon. A gandería no noso concello é fundamental; todo o verde que temos ao redor, cos lameiros limpos, é grazas aos gandeiros, e tamén a súa boa actuación nos incendios”, afirmou.
Paralelamente á festa gastronómica, a Asociación de Gandeiros de Montederramo organizou a Feira de Gando Vacún, que contou con máis de 200 reses, na súa maioría de explotacións deste concello, aínda que tamén asistiron fanderías de concellos limítrofes. O recinto converteuse nun escaparate da vitalidade dun sector que segue medrando a pesar do descenso poboacional.
Diego Vázquez, membro da asociación, destacou o éxito da cita, na que este ano participaron preto de 40 explotacións coas súas reses: “Cada ano temos máis número de vacas no recinto; para nós é a maneira de poñer en valor o noso traballo e a nosa carne”, explicaba mentres observaba a longa fila de persoas agardando para mercar carne fresca.
A festa completouse coa música das charangas El Tattoo e Nova de Trives, que puxeron ritmo a un evento que segue a ser símbolo de identidade e para Montederramo.
En Montederramo, unha explotación con medio cento de vacas xa é considerada pequena.
O municipio continúa a destacar como un dos grandes bastións gandeiros da provincia de Ourense, onde, malia a perda constante de poboación, o número de reses segue medrando ano tras ano. Comparando o censo gandeiro co poboacional, poderíase dicir que en Montederramo hai arredor dunha ducia de vacas por cada veciño censado.
A fórmula é clara: menos granxas, pero máis grandes e mellor preparadas, apostando pola profesionalidade.
As explotacións actuais combinan tradición e innovación, cunha nova xeración de gandeiros que está a coller o relevo e que ve na carne de calidade unha oportunidade de futuro.
Moitos mozos e mozas decidiron quedar ou volver ao concello para dedicarse ao gando, apostando por razas autóctonas, e mantendo vivo un oficio que define a identidade local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VERÁN CULTURAL 2026
Montederramo pone la banda sonora a su verano
DECLARADO BIC
Montederramo embellece el entorno de su Monasterio
DAÑOS FÍSICOS Y MATERIALES
Deniegan una indemnización de 45.000 euros a un motorista que atropelló a un lobo en Montederramo
MEJORA DE INFRAESTRUCTURAS
Montederramo mejora la carretera de A Castiñeira
Lo último
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
PRIMERA FEB
COB, kilómetro cero
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo