SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
CICLO DA AUGA
O Concello de Verín foi escenario este xoves dunha reunión da agrupación de dez concellos —os oito de Monterrei máis A Gudiña e A Mezquita— que obtiveron máis de 4,4 millóns na convocatoria do Plan Edil do Goberno.
Enmarcados no Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2021-2027, estes fondos destinaranse á mellora do saneamento e abastecemento, control de verquidos, optimización do consumo e a evitar asolagamentos.
Eladio Santos, subdelegado do Goberno, participou no encontro cos oito alcaldes da comarca, e afirmou que Monterrei é un “exemplo” de que se pode “aspirar e obter” proxectos conxuntos: “É un punto de inflexión, mellorará a vida no rural e os concellos serán diferentes grazas a isto”.
Gerardo Seoane, alcalde de Verín, que encabezou o proxecto, “celebrou” acadar a senda financieira e avanzou a sinatura dun convenio coa Confederación Hidrográfica del Duero e a Consellería de Medio Ambiente, xa que a Xunta prometera achegar “o 60% do que temos que aportar os concellos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último