SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
ACTIVIDADES PARA TODOS
A xornada inicial en Medeiros, Monterrei, tivo misa, pasarrúas e sesión de tarde, e rematou coa agardada actuación de La Misión, a verbena co espectáculo máis grande do Estado. Por diante, outras catro datas de festa, repartidas nesta fin de semana e a semana seguinte.
Este sábado 9 será a gran cea popular, dende as 22,00 horas, amenizada por música tradicional, e seguida por unha verbena coa discomóbil Show. O menú, a base de empanada, porco ao espeto, pizza, panceta, criollos, chorizos e tortilla, custa 15 euros para adultos e 5 para cativos de ata os 12 anos. Ademais haberá sorteos.
O domingo 10 é o día reservado á cativada, cunha xornada que terá lugar no campo da festa. Ás 16,00 horas haberá inchables e xogos de balde, ás 19,00 un espectáculo de maxia, “Maxia na Manga”, organizado pola Anpa do CEIP de Medeiros, e unha hora más tarde a festa da espuma, co apoio de Saudeter.
A segunda fin de semana volverá a Medeiros a música das orquestras. O xoves 14 haberá misa solemne á 13,00 horas e un pasarrúas a cargo da charanga Os Centellas. Pola noite, festa e verbena coa orquestra Furia Joven.
Finalmente, ao día seguinte, venres 15, o núcleo despedirá as súas festas de novo con misa e pasarrúas ao mediodía, desta vez amenizado pola charanga e banda de gaitas Picafoles. A última festa e verbena correrá a cargo da orquestra Metrópolis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior