GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
DINAMIZACIÓN DEL RURAL
Os concellos que conforman o territorio de actuación do GDR-9 Monteval comezarán a desenvolver nos vindeiros meses os distintos proxectos de carácter non produtivo que suman un investimento total de 217.192,94 euros, dos cales máis de 154.000 serán financiados a través do programa Leader da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
As actuacións, centradas na recuperación patrimonial, mellora de espazos públicos e dinamización cultural e social no rural, beneficiarán aos concellos de Mancomunidad de Municipios da Comarca de Verín, ademais de A Gudiña, A Mezquita e O Riós.
Entre as iniciativas máis destacadas atópase unha campaña de fomento da bioeconomía circular mediante ecopuntos comunitarios para Laza, así como a rehabilitación de fontes tradicionais en núcleos de Oímbra. Tamén se levará a cabo a recuperación do exterior do xacemento arqueolóxico da Cidá de A Saceda, en Cualedro, e a humanización da praza dos Chafarís de Medeiros, en Monterrei.
Pola súa banda, Castrelo do Val executará dous proxectos: a instalación de bancos en varias aldeas e a creación dun parque de calistenia no Terrón. O Riós acondicionará o entorno da cruz do enxeñeiro España, na contorna do río Mente. Finalmente, o Verín adquirirá novo equipamento para a dinamización cultural e social do medio rural.
Estas actuacións, que se desenvolverán nas anualidades 2025 e 2026, buscan mellorar a calidade de vida da veciñanza, valorizar o patrimonio e impulsar o atractivo dos pequenos núcleos rurais grazas á cooperación institucional e ao apoio do programa Leader.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
ARTISTAS DE TODA EUROPA
Las gaitas lideran en Monterrei el diálogo musical entre culturas
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima