SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
XIII XUNTANZA DAS MAIORES
O 1 de maio, pero de 2019, tivera lugar por última vez a Xuntanza dos Maiores, unha celebración xa arraigada daquela na vila de Monterrei coa que o Concello homenaxeaba os seus veciños de maior idade. Un pretexto para reunirse todos xuntos, compartir mantel e mesa e desfrutar da vida, da amizade e da familia cada primavera.
Coa chegada da pandemia, a vida cambiou por completo, e as prioridades pasaron a ser outras. Por sorte, seis anos máis tarde a alameda de Albarellos volveu reunir este xoves a preto de 550 persoas, entre veciños, familiares, autoridades e persoal do Concello. Unha XIII edición que se fixo de rogar, pero que volveu por todo o alto e para quedar.
A xornada arrancou cunha misa, previa á benvida institucional. O alcalde, José Luis Suárez, agradeceu a Xunta e Deputación a recuperación dunha “fermosa festa” que é “máis que un xantar: un acto de recoñecemento ao que representades os maiores, porque honrarvos é unha obriga moral”.
Destacou asimesmo a organización do Concello, cunha mención especial “ao persoal do servizo de axuda no fogar, que coidan dos nosos maiores”.
Luis Menor, presidente provincial, salientou que retomar esta celebración é “un símbolo de normalidade”, e interpelou á veciñanza, xa que “grazas a vós estamos aquí”.
Arroupando a Suárez e o seu grupo de goberno estiveron o director xeral de Maiores e Atención sociosanitaria, Antón Acevedo, e o delegado territorial, Manuel Pardo, deputados autonómicos e provinciais, e os mandatarios das veciñas Cualedro, Oímbra e Riós.
Na animada paparota, a cargo do restaurante Brasil, non faltaron nin a empanada, nin o pulpo, nin a carne ao caldeiro. A amenización da orquestra Xoldra e dos gaiteiros de Flariz e Medeiros foi animando a tarde e sacando os veciños a bailar.
O fin de festa prolongouse grazás a discomóbil De Luxe, coa convicción de que hoxe xa queda un día menos para que os maiores de Monterrei se volvan xuntar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último