GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
GASTRONOMÍA E ALOXAMENTO
A casa rural O Retiro do Conde, situada en Vilaza (Monterrei), acolleu este luns a presentación da 19º edición do Outono Gastronómico, unha iniciativa que arranca o 19 de setembro e que se estenderá ata o 21 de decembro, e que “dinamiza o turismo rural combinando a gastronomía coa oferta de casas rurais en meses fóra de tempada alta”, en palabras do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.
Participan 78 establecementos de Galicia, 16 deles en Ourense. Merelles animou a “solidarizarse” e acudir especialmente aos 11 que se atopan nalgún dos 82 concellos afectados polos lumes este verán, como é o caso de Monterrei: “É unha boa fórmula para axudar a recuperar a actividade económica nesta contorna, ao tempo que permite coñecer tamén a oferta global de turismo rural da comunidade”.
O director salientou que, ao longo das 18 edicións, logrou xerar no sector 6,6 millóns grazas á participación de máis de 100.000 persoas.
Os participante no programa, impulsado pola Xunta xunto coa rede de establecementos rurais de Galicia, poderán elixir xa desde este venres un menú Outono Gastronómico, sen aloxamento; un paquete Outono Gastronómico, para estadías dunha noite; e unha fin de semana Outono Gastronómico con dúas noites e coa variante de Fin de Semana Familiar Outono.
Ademais, 26 establecementos ofertan o Outono Plus, cun programa de actividades complementarias como paseos a cabalo, descenso en kayak, sendeirismo, visitas a adegas con degustación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
PROXECTO PAISACTIVO
A veciñanza deseña o futuro de Infesta, a aldea modelo de Monterrei
CANALIZACIÓN ELÉCTRICA
Reguero de grietas y derrumbes en Albarellos por unas filtraciones de agua
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas