GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
TUTE, "FREE TOUR" E CONCERTOS
A Pousa, unha pequena aldea de Monterrei con 40 veciños e sen festividade propia, decidiu “inventar” unha no verán de 2018. Así naceu o “Serán da Pousa”, unha celebración que arrancou con concertos de música tradicional e unha cea, e que pouco a pouco foi gañando adeptos e celebrando cada vez máis actividades.
Sabela Souto, veciña e organizadora, asegura que “todo o mundo colabora no evento dun ou outro xeito, ben sexa facendo bocadillos, cedendo material ou simplemente vindo e participando”.
A edición deste ano será o vindeiro 19 de xullo, sábado, e comezará ás 12,30 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo Kuartetas e con micro aberto. A continuación terá lugar un xantar compartido, e ás 15,30 horas disputarase o torneo de tute, con 180 euros en premios e agasallos.
Dende as 18,30 horas, o incombustible Piro, de 85 anos, dará o seu particular “free tour”, unha visita guiada na que se percorrerán os recunchos máis salientables da Pousa.
Os pratos fortes virán á tarde-noite, cunha foliada cos grupos Candaira, Nova Era, Os Trouleiros de Medeiros, Gaiteiros de Flariz e Os Chavalines, seguida pola gran cea a base de porco ao espeto, empanada e bica. O peche da noite contará coa gran actuación do grupo de pandeireteiras María Raxeta, e posterior troula.
Tódolos interesados xa se poden inscribir no tute (20 euros por parella) e na cea (10 euros por persoa) no Bazar Souto de Verín.
Para ir abrindo boca, o “Serán da Pousa” organiza este venres na rúa Montemaior de Verín, a partir das 21,00 horas e de balde, unha actuación das Kuartetas, seguida por unha foliada aberta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
PROXECTO PAISACTIVO
A veciñanza deseña o futuro de Infesta, a aldea modelo de Monterrei
CANALIZACIÓN ELÉCTRICA
Reguero de grietas y derrumbes en Albarellos por unas filtraciones de agua