GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
LIMPEZA DE FRANXAS
As tres forzas con representación en Monterrei —PP, Veciños de Monterrei e BNG— aprobaron por unanimidade un acordo que insta á Confederación Hidrográfica do Douro (CHD) a acometer con urxencia actuacións en leitos e ribeiras da súa competencia, axilizar autorizacións e evitar danos polas escorrentías de cinsa.
O Concello súmase á declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil do Goberno, urxe á Xunta a fortalecer a prevención e vixilancia, reforzo das brigadas e mellora das infraestruturas de defensa e limpeza das masas forestais, e solicita a creación dunha base permanente da UME no Centro de Loita contra o Lume de Toén.
O alcalde, José Luis Suárez, informou de que se pedira á Xunta unha axuda de preto dun millón, froito dunha memoria con “tódolos danos que se produciron”, e que a CHD destinará 1,4 millóns “a toda a comarca”. Reafirmou que o principal obxectivo é “salvar os núcleos”, polo que os perímetros deben estar “perfectamente desbrozados, seremos firmes”.
Lembrou que os concellos pequenos “non temos medios nin financiamento para estas competencias impropias”, polo que a solución pasa por “un convenio coa Xunta a través de Seaga”, e avanzou o inicio dos desescombros “sobre todo na Caridade, grazas a unha axuda da Xunta de 48.000 euros”.
Javier Limia, de Veciños de Monterrei, pediu que o Concello merque “seis xeradores”, e insistiu nas “notificacións” aos propietarios das franxas. Alberto Rodríguez, voceiro do BNG, fixo fincapé na limpeza de “bocas de rega”. As formacións coincidiron en concienciar aos veciños de manter limpos “os camiños”.
O plenario tamén aprobou o cambio de titularidade a favor do Concello da travesía de Albarellos, unha modificación de crédito, a exención da taxa da auga no 3º trimestre e a ratificación de convenios con Agader no marco de dous proxectos na aldea modelo de Infesta: Paisactivo-Paisaxes Cortalume e o Poctep Aldealix.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
PROXECTO PAISACTIVO
A veciñanza deseña o futuro de Infesta, a aldea modelo de Monterrei
CANALIZACIÓN ELÉCTRICA
Reguero de grietas y derrumbes en Albarellos por unas filtraciones de agua
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia