CINE EN OURENSE
Caudal aberto en Muíños para as augas de Ledicia Sola
CINE EN OURENSE
O cine feito en Ourense convértese en resposta ante as inquietudes dunha ficción con tintes de realidade onde tres mulleres, o seu entorno familiar, a maternidade e o ambiente rural coinciden nunha historia chamada “As Augas”, ópera prima da actriz e directora ourensá Ledicia Sola.
Logo de cinco anos xestándose, o vindeiro luns 23 de febreiro e ata o venres 13 de marzo, o son dunha claqueta e a palabra: ¡Acción! volveranse comúns en Muíños, Verín e Ourense cando o proceso de filmación desta longametraxe inicie.
Acerca da elección de Muíños como unha das locacións da futura película o seu alcalde, Plácido Álvarez, comentou sobre a oportunidade de outorgarlle visibilidade ao ámbito rural a través do cine e dalgunha maneira contribuír a frear a continuada despoboación nestes territorios.
Financiado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación de Ourense e Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia e coproducido por Maruxiña Film Company e Matriska Films, acerca desta obra que será filmada na súa totalidade en Ourense, Luis Menor, presidente da Deputación, destacou o labor institucional en favor das producións audiovisuais porque “apostamos polo talento e pola nosa provincia. Hai moito que ofrecer se nós cremos primeiro no que temos”.
A óptica feminina que permea esta produción por iniciarse como manifestou a directora de “As Augas” Ledicia Sola partiu dunha necesidade de contar a súa historia mediante unha trama que se move de locacións e atmosferas onde cada protagonista se replantea o mundo onde habita e o que fixo levalas ata as circunstancias que Sola definiu como crise vital.
A vía de escape de Nora (Ledicia Sola), Antía (Marta Larralde) e Marta (Melania Cruz) é unha viaxe onde todo coñecido para elas quedará na imaxe reducida dun espello retrovisor mentres avanzan pola estrada da súa historia conxunta.
“Eu quería facer unha historia de xente de aquí, porque ten moito de autoficción e moito que ver con cousas persoais da miña vida”
Sobre por que escollar a provincia como o lugar onde desenvolver a trama de “As Augas” a súa directora, e tamén guionista, enfatizou: “O cinema é unha arte colectiva e eu quería facer unha historia de xente de aquí, porque ten moito de autoficción e moito que ver con cousas persoais da miña vida que me sucederon a min aquí e que, polo tanto, eu necesitaba que este fose o escenario ourensán”.
Abrir paso para que as augas de Ledicia Sola transiten sen obstáculos polo caudal da ficción para encher, cal encoro sentimental, un necesario espazo creativo supón para Ourense facer realidade aquilo que o cineasta arxentino Fernando Birri catalogara como: “A utopía do ollo e a orella”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CINE EN OURENSE
Caudal aberto en Muíños para as augas de Ledicia Sola
AO RITMO DAS CHARANGAS
Sae o sol e danzan os Cabreiros no desfile de Muíños de Entroido
Lo último
ESTE VIERNES, ÚLTIMA JORNADA
La huelga médica ya afecta a más de 2.300 ourensanos
Luis del Val
Se aceptan ruines e indignos
VARIAS LOCALIDADES
Incendios, lluvias y la corta de madera enturbian las traídas en Valdeorras