Muíños acondicionará os seus espazos públicos
máis de 630.000 euros
Actuarase en zonas de Muiños que se utilizan como punto de encontro e esparexemento do núcleo e que necesitan un acondicionamento
A Xunta e o Concello de Muíños colaboran na mellora de espazos públicos do municipio, na que se investirán máis de 630.000 euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou esta semana co alcalde deste concello da provincia, Plácido Álvarez, o convenio para executar esta intervención ao abeiro do Plan Hurbe.
A mellora proxectada levarase a cabo no lugar de Muíños, parroquia de San Pedro de Muíños, na contorna de elementos do patrimonio cultural, do patrimonio natural que inclúe a Reserva da Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerés, varios regatos e liñas eléctricas. Actuarase en zonas que se utilizan como punto de encontro e esparexemento do núcleo e que pola súa singularidade necesitan un adecuado acondicionamento para a súa posta en valor.
A intervención abordará a mellora da pavimentación con revisión das instalacións urbanas e soterrado de redes para dar continuidade ás actuacións xa iniciadas noutras fases de humanización de rúas doutros núcleos seguindo os mesmos criterios, creando unha pavimentación idónea para o uso peonil e de tráfico lixeiro, principalmente na parte antiga do núcleo, buscando dar uniformidade a todo o conxunto.
A Xunta encargarase da licitación das obras, que contan cun prazo de execución de 6 meses. De acordo ao convenio asinado entre as administracións, o Goberno galego financiará os traballos coa achega do 70% do orzamento, que representa 442.943 euros; e o Concello de Muíños achegará o 30% restante, 189.833 euros.
Plan Hurbe
Martínez Allegue puxo en valor o Plan Hurbe, co que a Xunta colabora cos concellos no impulso de actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos para contribuír á revitalización do territorio.
A través deste programa, a Administración autonómica tamén posibilita reforzar o atractivo das aldeas, vilas e municipios, o que redunda na mellora da calidade de vida da veciñanza, no reforzo da competitividade económica e na fixación de poboación, especialmente no rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LESIÓN CON EL AIRBAG
Un herido en una fuerte colisión entre dos coches en Barxés, Muíños
INVERSIÓN MILLONARIA
Arrancan las obras del centro de salud de Muíños
CINE EN OURENSE
Caudal aberto en Muíños para as augas de Ledicia Sola
Lo último
La Región
Candidatos
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O silencio pedagóxico dunha viña ribeirá
Fermín Bocos
Sin presupuestos, sin rubor
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Amancio Ortega, filántropo