LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
O Barco vivió un eclipse entre aplausos y vítores
BEGOÑA CAAMAÑO
Un ano máis, o Centro Comercial Aberto do Barco impulsou a Campaña das Letras Galegas, unha iniciativa que este ano rende homenaxe á escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964; Santiago de Compostela, 2014) e que o comercio barquense desenvolve co apoio dos equipos de dinamización lingüística de sete centros educativos: institutos Martaguisela e Lauro Olmo, e colexios Julio Gurriarán, Divina Pastora, Otero Pedrayo, Condesa de Fenosa e Virxe do Camiño (Rubiá).
A campaña ten como finalidade promover o coñecemento do galego e, ao mesmo tempo, dar a coñecer e promocionar os 36 locais asociados ao Centro Comercial Aberto O Barco que participan entre a poboación máis nova. Nos seus escaparates exporanse as fotografías con frases da escritora realizadas polos rapaces dos centros.
A coordinadora do Instituto Lauro Olmo, Alba Pérez, explicou o contido do proxecto no que traballan os centros educativos, que denominaron “Tecendo a liberdade” e que busca achegar o alumnado á “ollada sensible” de Begoña Caamaño.
Jacobo Arias, presidente do CCA O Barco, apuntou que os alumnos levarán unha cartilla que deberán selar nos establecementos que expoñen as fotos cos textos da protagonista do Día das Letras Galegas, co que poderán acceder a un vale de 50 euros para gastar nas librarías asociadas ao CCA O Barco. A campaña se desenvolverá entre os días 15 e 31 de maio, e ao completar a cartilla deberán deixala no último establecemento no que foi selada.
Ademais, o Paseo do Malecón exporá os bustos de mulleres elaborados polos alumnos do centro, polo que Alba Pérez pediu aos barquenses que respeten os traballos, algo que non sempre sucedeu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
O Barco vivió un eclipse entre aplausos y vítores
MÚSICA Y BAILE
Las Xornadas de Folclore llenan de ritmo la provincia
INCENDIOS EN GALICIA
Las imágenes de los incendios del 2025 expuestas en A Rúa
Lo último