Un espectáculo levou a figura de Castelao ó Barco

SANTA RITA

Es festas de Santa Rita despídense mañá, luns, coas atraccións montadas no recinto a prezos populares

Un momento do espectáculo de títeres.
Un momento do espectáculo de títeres.

A praia fluvial do río Sil, no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras, acolleu o espectáculo de monicreques “Castelao. Un corazón á intemperie”. Correu por conta de Fantoches Baj e forma parte do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que promove a Xunta de Galicia. No evento colaboraron o Concello barquense e a Mesa de Dinamización Lingüística.

O bo tempo acompañou o espectáculo que tivo lugar na tarde do venres, baseado na obra e vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950).

“Castelao. Un corazón á intemperie” desenvolveuse coincidindo coas Festas de Santa Rita 2025, que tiveron no xoves, o seu Día Grande e que onte continuaron coa tirada ao prato “17 Gran Premio Vila do Barco” e as sesións de baile da orquesta América S. L.

Os festexos continuarán hoxe, domingo, coa final do campeonato de tiro ao prato e a “concentración de Babybásket 2025”, que terá lugar a partires das 10,00 horas no pavillón municipal de Calabagueiros, coa participación de equipos de toda a provincia e baixo a organización do Club Femenino Sil Baloncesto. A xornada rematará coa sesión de baile da tarde da orquestra La Ola.

A vila barquense despedirá os festexos o luns sen espectáculos mais coas atraccións instalads no recinto da festa a prezos populares, según apuntou a comisión de festas.

Contenido patrocinado

stats