MULTAS DE 1.500 EUROS
El abandono de fincas en Valdeorras causó 680 expedientes desde 2024
30 EUROS DE ENTRADA
A XXIV Festa do Botelo do Barco celebrase o sábado 17 de xaneiro con moitas actividades e protagonistas de luxo
A programación desta Festa de Interese Turístico de Galicia comezou o 8 de xaneiro coa tradicional Ruta de Pinchos, na que participan 33 establecementos hostaleiros do municipio e que se prolongará ata a véspera da festa. As entradas estarán a venda mañá sábado, a partir das 9 da mañá no Teatro Lauro Olmo. Son un total de 1.150 entradas ao prezo de 30 euros cada unha, e cada persoa poderá adquirir como máximo 10 entradas.
O Concello apostou nesta edición por un pregoeiro vencellado á comarca e á promoción dos seus produtos. O encargado do pregón será o sumiller Luis Paadín, recoñecido polo seu compromiso co botelo, Valdeorras e os seus viños, e cunha ampla traxectoria na organización da Festa do Botelo na Coruña. Tal e como se destacou na presentación, o godello e o botelo constitúen dous produtos de excelencia que se dan a man nesta celebración.
Por outra banda, este ano concederase a mención de honra á hostaleira barquense Rosa Alonso Fernández, coñecida como ‘Rosa do Buraco’, en recoñecemento á súa traxectoria profesional. O acto do pregón terá lugar o sábado 17 de xaneiro, ás 12.00 horas, no Teatro Lauro Olmo, e estará presentado polos actores Iria Piñeiro e Davide González.
O programa complétase cunha ampla oferta cultural paralela. O 10 de xaneiro, ás 20.00 horas, celebrarase no Teatro Lauro Olmo o Concerto do Botelo a cargo do Orfeón Valdeorrés. O día 14 proxectarase a película Mi postre favorito, con dous pases ás 17.00 e ás 20.00 horas, en colaboración co Cine Club Groucho Marx. O venres 16, ás 20.00 horas, inaugurarase na Sala Abanca a exposición Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote, organizada en colaboración con Afundación, e ás 21.00 horas o Teatro Lauro Olmo acollerá a representación da obra Reconversión, de Ibuprofeno Teatro. A programación cultural pecharase o día 18 co espectáculo musical Percorrido, de Magín Blanco, ás 20.00 horas, no mesmo auditorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MULTAS DE 1.500 EUROS
El abandono de fincas en Valdeorras causó 680 expedientes desde 2024
PADRÓN PROVISIONAL
La población migrante frena el despoblamiento en O Barco
RETRASOS Y CAOS
Calvario sobre raíles camino a O Barco de Valdeorras
Lo último
COYUNTURA ECONÓMICA
Venezuela creció un 8,66% en 2025 pese al bloqueo de Estados Unidos
LOVE OF LESBIAN O DUNCAN DHU
Festival de música | Ouren Sound Fest