O Bolo busca conservar os nomes dos lugares
TRADICIONES
O Bolo será este venres 25 a última parada deste ano en Ourense da campaña Toponimízate
O Bolo será este venres 25 a última parada deste ano en Ourense da campaña Toponimízate, que busca recuperar e conservar os nomes tradicionais das terras. A xornada terá lugar ás 19,00 horas na Sala Coworking da Antiga Casa Cuartel e está aberta á veciñanza da comarca de Valdeorras. A actividade contará coa presentación do alcalde, Miguel Ángel García, e cunha charla de Vicente Feijoo Ares, coordinador técnico de Galicia Nomeada e do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.
Durante o encontro explicarase como colaborar no proxecto Galicia Nomeada, unha plataforma na que se poden rexistrar os nomes de leiras, soutos, camiños, fontes, montes e outros lugares. Ademais do nome, a aplicación permite engadir fotografías, audios ou documentos relacionados con cada topónimo.
No caso do Bolo, o municipio non foi incluído nunha recollida realizada polo Proxecto Toponimia de Galicia entre 2000 e 2011 e, desde que se puxo en marcha Galicia Nomeada, só se incorporaron 75 topónimos relacionados con montes ou outros elementos de interese cultural do concello. A perda de poboación tamén dificulta que estes nomes tradicionais pasen dunha xeración a outra.
Significado
A segunda parte da charla explicará a orixe e significado dos nomes das aldeas do Bolo. O concello formado por 18 parroquias, conta con nomes pouco habituais como Valbuxán, Valdanta, Chandoiro ou Outar de Pregos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy viernes, 16 de octubre
ACAMPADA POR LA VIVIENDA
Madrid cierra la estación de Metro de Sol por problemas de salubridad