POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
ATA 120 EUROS POR MENOR
O Concello do Carballiño vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas destinadas ó material escolar para o vindeiro curso académico 2025/2026. Esta iniciativa conta cunha dotación económica de 40.000 euros procedentes do orzamento municipal.
As axudas están dirixidas a aquelas familias con menor poder adquisitivo que teñan fillos ou fillas cursando Educación Infantil, Primaria ou Secundaria en centros públicos ou concertados do termo municipal. As contías máximas previstas son de 120 euros por menor no caso de Educación Infantil, e de 60 euros para o alumnado de Primaria e Secundaria.
Estas achegas serán compatibles con outras axudas de natureza semellante, sempre que a suma total non supere o custo real do material adquirido.
Poderán beneficiarse destas axudas as unidades familiares nas que todos os membros estean empadroados no Concello do Carballiño cunha antigüidade mínima de seis meses e cuxa renda per cápita anual non supere os 9.000 euros. Tamén se valorarán circunstancias familiares como separación ou divorcio, custodia compartida, familias monoparentais ou casos de violencia de xénero.
O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles tras a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello ou a través de calquera dos medios habilitados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
URBANISMO LOCAL
La comarca de Carballiño perfila su estrategia cara al futuro
"DIFAMACIÓN E DESPREZO"
Sofía García deja el BNG por discrepancias con el Consello local de O Carballiño
Lo último