PROCESIÓN TRADICIONAL
Semana Santa histórica con el sello de Interés Turístico en Carballiño
40 ANOS DE PREMIO
Cando se cumpren 40 anos do pasamento de Manuel Chamoso Lamas, e coincidindo coa 40 edición do Premio Antón Losada Diéguez, o Concello do Carballiño, institución á quen lle corresponde este ano a organización, designou a Carlos Rodríguez Calvo, periodista, escritor e presidente do centro de estudios que leva o nome do arqueólogo de Moldes, como mantedor do acto de entrega dos galardóns o vindeiro 14 de xuño.
Os galardoados son: na modalidade de creación literaria o escritor Manuel Rivas pola novela “Tras do ceo”, que na versión en castelán tamén obtivo o Premio Nacional das Letras Españolas 2024; e na modalidade de investigación e ensaio o profesor de literatura Alberto Pombo pola obra “Verso e acorde. Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000)”.
O acto de entrega terá lugar no pazo da familia Losada en Moldes ás 12 do mediodía. Previamente, hai misa e ofrenda floral na igrexa románica de San Mamede de Moldes, declarada Monumento de Interese Artístico Nacional dende o ano 1947, gracias a Manuel Chamoso Lamas. No interior repousan os restos de Antón Losada Diéguez e nun panteón do exterior os de Manuel Chamoso Lamas. Boborás e Carballiño organizan este premio alternativamente, contando co apoio da Deputación. Consisten nunha peza escultórica de Acisclo Manzano e na dotación de 6.000 euros para cada modalidade
Carlos Rodríguez: “Quizais sexa o momento de incrementar a contía”
Carlos Rodríguez Calvo traballou de periodista no ámbito estatal, autonómico e local, e na administración autonómica e local. Foi finalista do Premio de Novela Fernando Lara e publicou “El hombre blanco del río Nieva”.
Pregunta. Que supón ser mantedor do Premio Antón Losada?
Respuesta. Un orgullo e un honor, sobre todo nesta corenta edición que coincide co corenta cabodano da morte de Manuel Chamoso Lamas, que foi alumno de Losada Diéguez en Pontevedra.
P. Que aporta este premio á literatura e á investigación?
R. Certo prestixio, pois é un dos poucos certames que premian obras publicadas, e hai autores e autoras que agradecen o galardón para dar maior difusión aos seus traballos.
P. Tras corenta anos é suficiente a dotación económica deste premio?
R. O importante non é a contía económica, senón o valor engadido da súa traxectoria, pois ao longo destes corenta anos premiou aos máis importantes escritores e investigadores en moi diversas disciplinas. Con todo, quizais sexa o momento de incrementar a contía, por exemplo implicando á Consellería de Cultura, que é unha institución que tamén debería figurar no padroado, ao igual que os concellos do Carballiño e Boborás e a Deputación.
P. En que está traballando actualmente no eido literario?
R. Nunha novela entre O Carballiño e Arxentina, a onde emigraron moitos paisanos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROCESIÓN TRADICIONAL
Semana Santa histórica con el sello de Interés Turístico en Carballiño
900 METROS CUADRADOS
El nuevo espacio de empleo de Carballiño sale a licitación
SITUACIÓN CRÍTICA EN 2025
Adjudicada por 4,5 millones la ayuda a domicilio carballiñesa
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Carballiño sigue sin parada de autobús?
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes, 7 de abril
PRIMERA FEB
El COB pide “perdón” y “confianza” al Pazo