ANIVERSARIO DEL TEMPLO
La Veracruz abre su Puerta Santa y celebra el comienzo de su año jubilar
Creación Literaria e Investigación e Ensaio
A casa consistorial do Carballiño acolleu onte a reunión e o fallo do xurado do XL Premio Antón Losada Diéguez, un certame literario anual convocado polos Concellos de Boborás e O Carballiño, e dotado con 6.000 euros para cada unha das dúas categorías recoñecidas por esta distinción.
O xurado acordou por unanimidade conceder o galardón deste ano na modalidade de Creación Literaria á obra de Manuel Rivas “Tras do ceo”, mentres que na categoría Investigación e Ensaio foi distinguido o libro de Alberto Pombo “Verso e acorde. Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000)”.
Respecto da novela de Manuel Rivas, o xurado valorou a súa “calidade literaria e lingüística que, recuperando elementos xa clásicos na produción do autor, constrúe un universo narrativo absolutamente actual”.
Sobre a obra de Alberto Pombo, sinalaron a súa contribución á “outra música”, ao traer á luz a relación entre “a música popular (pop, rock, punk, heavy metal, bravú) - e a literatura galega”.
A entrega dos premios aos novos galardonados co Premio Antón Losada Diéguez está previsto que se celebre o vindeiro 14 de xuño en Moldes (Boborás).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 4 de noviembre
Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
PRIMERA FEDERACIÓN
Agustín Ruiz es el elegido por la UD Ourense