OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar
Trátase dun espectáculo infantil e familiar de circo, malabares, equilibrios, humor e clown, que recibiu o premio do público no Festiclown 2014 (Rivas Vaciamadrid).
Un novo unipersoal do recoñecido pallaso Peter Punk, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que acadou o éxito. E onde dá mostra da súa veteranía e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.
Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público. Unha catedral de nove paraugas en equilibrio, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas, o perigoso Circuito da Morte, e un evocador final que sorprendeu ás máis cativas e cativos, e fixo reflexionar ao público adulto.
Nesta ocasión viuse a un pallaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscou a complicidade do público para superar as dificultades que atopaba en cada rutina, como unha metáfora dos tempos que vivimos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro