CULTURA GALLEGA
Barbadás se une por el impulso al Ano Oteriano
CONCIERTO SOLIDARIO
O Concello de Barbadás aposta pola música como ferramenta educativa e impulsora dos cambios sociais a través do X Festival Solidario de Barbadás. Nesta décima edición, -que se levará a cabo o sábado día 22, a partir das 19,00 horas-, os beneficios do concerto irán destinados integramente á asociación Por Eles TEA.
“Esta é unha actividade que nos fai moita ilusión organizar. É unha combinación de música e solidariedade para contribuír a cambiar a sociedade, facela máis xusta, humana e empática”, explicou hoxe Marga Pérez, concelleira de Educación, na rolda de prensa de presentación. Como é habitual, os alumnos e profesores da Escola de Música Municipal de Barbadás serán os encargados do concerto, que terá lugar no auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
Alumnos e profesores da Escola de Música de Barbadás estará a cargo do concerto, no Auditorio do Conservatorio
María Losada, vicepresidenta de Por Eles TEA, puxo en valor a implicación do Concello de Barbadás, así como da Escola de Música, e invitou á poboación a sumarse á cita para gozar dunha “actuación fantástica” sobre o escenario. “Todo este tipo de eventos nos axudan a seguir desenvolvendo a nosa labor, apórtannos un gran de area moi necesario”, asegurou. Marga Pérez aproveitou a ocasión para resaltar o papel de Por Eles TEA, cuxo traballo “é fundamental” para acompañar ás persoas e familias afectadas. “Por iso dende as administracións temos que seguir sendo un apoio real e económico”, recalcou. Xosé Carlos Valcárcel, o alcalde, tamén enxalzou a función da entidade: “Atende a 40 familias que probablemente non terían doutro xeito os servizos e o apoio que lles facilitan”.
A vicedirectora do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Naiara Acuña, destacou a importancia deste tipo de actividades con fin “social e solidario”, así como da colaboración entre institucións. “Temos que tecer esa rede de colaboración entre uns e outros, porque a finalidade é a mesma”, apuntou.
As entradas, por valor de 5 euros, xa están á venda no punto de información do Centro Comercial Ponte Vella. Para aquelas persoas que non poidan asistir, pero queiran colaborar coa iniciativa igualmente, habilitouse a “fila cero”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA GALLEGA
Barbadás se une por el impulso al Ano Oteriano
"INFRAFINANCIADO" Y PRECARIO
La Escuela Infantil de Barbadás cierra toda una jornada por huelga general
Lo último
Manuel Baltar
Recetar termalismo
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
26, 27 y 28 DE JUNIO
Este verano, ojo al dato con el Basket Data Summit 2026 en Ourense
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Las nuevas generaciones vivirán mejor