OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar
Special Olympics Galicia
O Concello do Carballiño colabora na 27ª edición da Convivencia Familiar de persoas con discapacidade intelectual, organizada por Special Olympics Galicia e que terá lugar este domingo no Parque Municipal. Preto de 700 persoas, entre usuarios, familias, directivos, profesionais e voluntarios, desfrutarán dunha xornada de confraternización, diversión, visibilidade e intercambio de experiencias.
As orixes desta cita tan especial remóntanse aos inicios dos anos 90, cando se comezou a organizar da man de Fademga Plena Inclusión Galicia.
O Parque Municipal acolleu na mañá de onte o acto de presentación do evento, no que a concelleira de Servizos Sociais, Silva Baranda, destacou o “orgullo” de acoller no Carballiño unha celebración tan importante. “As persoas con discapacidade non teñen moitos programas de lecer, e esta xornada é para iso, para que desfruten eles, as familias, a veciñanza…”, apuntou.
A Convivencia arrincará a primeira hora da mañá e incluirá actuacións musicais, xantar, entrega de medallas e os tradicionais Concurso de Repostería e os campionatos de xogos de mesa.
A concelleira Silvia Baranda aproveitou a ocasión para agradecer a colaboración das entidades colaboradoras (Deputación de Ourense, Deputación de Lugo, Fademga e Aspadisi), das outras concellerías implicadas (Servizos Públicos e Medioambiente) e dos corpos de seguridade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 20 de septiembre
La Región
Pesadillas
SEGUNDA FEDERACIÓN
El Eibar B asalta al Ourense CF en O Couto (0-2)