POLÍTICA NO ADSCRITA
Sofía García mantendrá el acta de edil tras dejar el BNG en O Carballiño
PRESENTACIÓN
O acto de presentación do libro “Mocidade de Pepa Loba”, tradución da novela orixinal de Aurelio Miras Azor, foi toda unha homenaxe a este escritor adiantado no seu tempo, que casou e residiu no Carballiño coa súa familia. Os seus fillos e parientes estiveron presentes neste evento literario que tiña lugar na tarde de onte no salón de plenos do Concello do Carballiño.
A actuación musical de Carolina Rubirosa abría o telón ás intervencións seguintes para falar da vida e obra de Miras Azor e tamén da tradución deste libro sobre a lendaria bandoleira, tan vinculada ás terras do Carballiño.
Publicado por Teófilo Edicións e traducido por Alejandro Tobar e Isabel Soto, o director da editorial, José Luis Teófilo Piñeiro, sinalaba que Aurelio Miras Azor destaca por empregar unha literatura “moi axil e moi actual… unha literatura que pon ao lector no ambiente, no espazo que está a describir. É capaz de meterte no papel dos personaxes”.
Ademais, referíase ao autor como un home “valente e moi nobre, que escribiu o que sentía, e moi adiantado, no só con este libro senón tamén con El Agüista”. Penso que é un autor clásico da literatura galega e a tradución de Alejandro Tovar e Isabel Soto introdúcente máis no espazo e no ambiente galego.
Juan Miras, fillo do escritor, rememorou episodios da vida do seu pai e as historias que lles contaba tamén da Pepa Loba, ao mesmo tempo que transmitía o agradecemento ao Concello, a José Luis Teófilo e a Gonzalo Navaza, membro da Real Academia Galega, escritor e experto en tradución, que tamén falou da vida e obra de Miras Azor, e da súa relevancia na creación da personaxe lendaria da Pepa Loba.
Pechaba este emotivo acto o alcalde, Francisco Fumega, que asistiu xunto con outros concelleiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLÍTICA NO ADSCRITA
Sofía García mantendrá el acta de edil tras dejar el BNG en O Carballiño
PREVIA DE SEMANA SANTA
Galería | O Carballiño invita a vivir una Semana Santa especial
POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
URBANISMO LOCAL
La comarca de Carballiño perfila su estrategia cara al futuro
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas