ANIVERSARIO DEL TEMPLO
La Veracruz abre su Puerta Santa y celebra el comienzo de su año jubilar
DUCIAS DE PAÍSES
Afeccionado ó montañismo e o sendeirismo, o carballiñés José Manuel Vazquez Álvarez, leva visitados ducias de países, e moitos recunchos de España e de Galicia para practicar estas actividades.
Pregunta. Dentro da súa afección o montañismo, cal foi a súa maior fazaña?
Respuesta. Non me gusta definilo como fazaña porque para min cada saída ó monte é unha aventura, aínda que sexa moi preto da casa. Porén, se falamos de distancia e dificultade, o máximo que fixen foi facer trekking no Anapurna , no Himalaia.
P. Como comezou a súa afección ó sendeirismo e o montañismo?
R. Foi totalmente progresiva, xa que comecei viaxando moito, visitando cidades, e todo o que se soe visitar en viaxes convencionais, mais enseguida comecei a desfrutar máis das viaxes que incluían rutas naturais e de montaña.
P. Prefire vostede as rutas de montaña ou o sendeirismo?
R. Sempre depende de onde me atope e do tempo do que dispoña. A montaña atrapa moito e pode ser a miña preferida, pero en Galicia non sempre é doado, xa que non temos moitas zonas de alta montaña. Se dispoño de algo máis de tempo, desprázome a Picos de Europa, Pirineo ou fóra de España se podo.
P. Falando de montaña, cal é a súa preferida?
R. É difícil decantarse, pero se teño que escoller, destacaría as da zona de Babia, en León.
P. E cal sería a súa ruta de sendeirismo preferida?
R. Tampouco é doado nomear unha soa, pero sen dúbida a Ribeira Sacra ten case todo o que os sendeiristas podemos buscar. Ten formidables paisaxes, unha zona chea de historia e con moita arquitectura que desfrutar. Sen esquecer a súa gastonomía, para recuperar forzas.
P. Como se prepara vostede para o montañismo e o sendeirismo?
R. O segredo é andar todos os días. As veces non pode ser máis que 3 ou 4 kilómetros o día, pero os días que podo, dedico todo o meu tempo libre a camiñar.
P. Mellor camiñar só ou en grupo?
R. Gústame ir con xente, aínda que tamén vou moito so, e iso faite desfrutar de outras experiencias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados
Jacinto Seara
Dogmas modernos sustituyen a los milenarios