EXCESO DE POBLACIÓN
Carballiño reabre el debate sobre el control de palomas
29 edición
A Feira da Pepa Loba regresa do 5 ao 7 de setembro ao Barrio de Flores do Carballiño, cunha programación organizada pola Asociación Tradicións e Buscas, que inclúe mercado tradicional, artesanía, artes plásticas, obradoiros e a baixada da popular bandoleira que escenifica o grupo de teatro Dar Trela.
Ari Quintas e Laura Rodríguez, organizadoras do evento, presentaron onte as actividades xunto a Nani Blanco, da Agrupación Cultural Avantar, e dos actores Clara Vázquez e Víctor Tato.
O venres abrirá a feira, con 18 postos durante a fin de semana. Ás 19,45 horas na Eira de Flores terá lugar a homenaxe ás queixeiras e queixeiros, aos que se lles dedica esta 29 edición, coa presencia de César e María del Carmen Lage, familiares dos queixeiros Aquilino Lage e Dolores Paz. Ás 24 horas realizarase a lectura do manifesto da Pepa Loba, con queimada popular e música.
O sábado haberá obradoiros, campionato mixto de brisca e xogos populares, dando paso ás 20,00 horas á baixada da Pepa Loba coa súa gavilla, que arrancará dende o balcón do Concello. “Será moi de película, con acción, sangue, lume; cunha trama ligada aos acontecementos deste verán”, destacaron Clara Vázquez e Víctor Tato, interpretes da Pepa Loba e o seu home. O domingo incluirá demostración de oficios, campionato de chave, xantar popular e entrega de premios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXCESO DE POBLACIÓN
Carballiño reabre el debate sobre el control de palomas
"DONDE DUELE, BROTA"
Florecer en lírica y escena en O Carballiño
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Localizan al menor de 13 años desaparecido en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas