PREVIA DE SEMANA SANTA
Galería | O Carballiño invita a vivir una Semana Santa especial
CULTURA
A programación cultural que ofrece o Concello do Carballiño no que resta deste mes de abril, con independencia da que ten prevista a Cofradía de la Vera Cruz con motivo da celebración da Semana Santa, céntrase no teatro e no cine fundamentalmente.
Teatro infantil e para adultos que arranca este sábado con “Os contos de Gabonito”, de Bola 8 de Arxentina, para un público a partir dos catro anos, no Auditorio Manuel María, ás 12,00 horas. A mesma compañía e xa dirixido ao público adulto, porá en escena ás 20,30 horas “Vine a verte”, de Martí Peraferrer Vayreda, interpretada polo propio director Gabriel Faversanil. Continúa o espectáculo teatral o domingo, para os rapaces coa obra “Os fabulosos Cleaners”, de Teatro Malasombra, ás 18,00 horas, tamén no auditorio, e co elenco artístico de Xoque Carbajal e Jouse García.
Así mesmo, entre o 15 e 19 de abril, no mesmo escenario, desenvolverase un curso de clown con Caroline Dream, da Escola Galega de Clown; e durante os mesmos dias tamén esta previsto o festival O Clowncurso, ás 20,30 horas, contando o día 15 con María Dálegría (Portugal); o 16, Heyoka Clown (Bilbao); o 17, Mikel Osete (Navarra); o 18, Clownómadas (Mallorca) e rematando o 19 cunha mostra fin de curso de clown con Carolina Dream.
A programación seguirá o domingo, día 20, ás 19,00 horas no auditorio, con teatro xuvenil e de adultos: “Cortello de amor”, de Amorodio Teatro (Rede galega de teatro), para un público a partir dos 12 anos e cun elenco formado por Carmen Facorro e Javier Castiñeira.
Cine Club encárgase da oferta cinematrográfica co pase hoxe da película “Misericordia”, ás 20,00 e as 22,30 horas; mentres que para o día 25 ten contemplado o filme “Gran Tour”, no mesmo horario; acabando o mes o domingo 27 con a película “As Neves” na Filmoteca.
Abril tamén aporta un curso de frauta do Conservatorio de Música; e exposicións fotográficas a cargo da Asociación O Potiños: Potiexpo 2025 na Casa do Concello; Miradas de Emilia Pardo Vazán, no Casino; Sombras, na rúa Rosalía de Castro; O río Arenteiro, no Asador Veracruz; as fotografías premiadas no concurso 2024 na Cafetería Plaza; Inspiracións, na Galería Ango; Potiexpo23, en Manxares; Oseira, no Balneario do Carballiño, e Fotos Xociviga, na Cafetería Maelie.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREVIA DE SEMANA SANTA
Galería | O Carballiño invita a vivir una Semana Santa especial
POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
URBANISMO LOCAL
La comarca de Carballiño perfila su estrategia cara al futuro
"DIFAMACIÓN E DESPREZO"
Sofía García deja el BNG por discrepancias con el Consello local de O Carballiño
Lo último
FRENTE A LAS 5.269 DE 2024
Gráfico | Los divorcios y separaciones descienden en Galicia un 13,2%, con 4.573 en 2025