Tarde literaria no Zoco, en Carballiño, con Cesáreo Sánchez
CULTURAL LOCAL
A presentación, que tivo lugar no espazo cultural O Zoco, reuniu na tarde do pasado mércores a un bo grupo de persoas
“Carballiño está situado nun cruce de camiños e polo tanto non hai mellor lugar para presentar este libro, porque Cesáreo Sánchez Iglesias é un poeta de camiño e de encrucilladas”. Quen así fala é Felipe Senén, quen se achegou a nosa vila para asistir á presentación do libro de poesía “O rumor do distante”. Senén presenta a Cesáreo como “un dos máis grandes promotores culturais da nosa terra agora mesmo, sendo herdeiro de Nós e de Otero Pedraio, na dignificación da nosa terra”. Nun momento no que a tendencia é percorrer o camiño doado, Cesáreo fai unha poesía do sentimento, na era dos egos e de ausencia de diálogo, centrándose na relación entre paisaxe e paisanaxe, según Senén.
A presentación, que tivo lugar no espazo cultural O Zoco, reuniu na tarde de onte a un bo grupo de persoas. Desfrutouse da poesía que recolle o “Rumor do distante” pero tamén en gran medida das explicacións do seu autor en canto á orixe das mesmas.
Cesáreo Sánchez indicou que “este libro ten a súa orixe aló por principios deste século, cando eu era responsábel de patrimonio da Consellería de Cultura. Descubrín daquela que había unha parte do noso patrimonio que semellaba estar esquecida, e non era outra que os camiños”. Proseguía Cesáreo dicindo que “xa Cunqueiro despertara en min unha certa inquietude nese eido a través dunhas xornadas sobre os camiños galegos, que me levaron a ver os camiños, tantos históricos, culturais ou xacobeos, como espazos para compartir, que levan vida, pensamento e riqueza cultural”.
Máis aló da obra que veu a presentar, que se inspira e transcorre polos camiños, o poeta mostrou a súa preocupación pola parte patrimonial dos mesmos. Esas corredoiras que todos coñecemos e que proveñen xa de rutas celtas ou romanas, que permaneceron por centos de anos sen alterar, e que, para o autor do “Rumor do distante”, é moi importante preservar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz