DEL 20 AL 23 DE JULIO
O Carballiño lleva ilusión a los más pequeños con títeres
CINE E TEATRO
Aos 82 anos, Xosé Prada continúa exercendo como procurador dos tribunais sen abandonar as súas tres grandes paixóns: o cine, o teatro e a escritura. Foi socio fundador do Cine Club Carballiño, impulsor das Xociviga, correspondente do diario La Región e fundador do grupo de teatro aficionado Tiruleque. Recoñecido co I Premio Platta de Teatro Breve e autor de numerosos textos teatrais, afronta un novo reto coa publicación do seu primeiro libro de relatos, que se presenta hoxe ás 19,00 horas na Libraría Escolma.
Pregunta. Qué o levou a publicar este libro?
Respuesta. Tiña moitos textos escritos desde hai anos e, animado por un amigo, decidín reunilos, revisalos e darlles unha nova forma. Algúns dinlles outro aire ou aumenteinos, e tamén hai algúns que escribín novos.
P. Son historias basadas en feitos reais?
R. Son 28 relatos, e só un é totalmente inventado. O resto nace de historias e de acontecementos relacionados co ámbito xudicial. Algún leva escrito quince e a todos lles din unha volta cambiando nomes, situando sucesos en outras localidades, tratando non magoar a ninguén.
P. Todos están ambientados no Carballiño?
R. Un deles está específicamente situado nun lugar do Carballiño. Outros sucederon noutros lugares como no Ribeiro ou en Pontevedra, pero situeinos no Carballiño como unha forma de implicar á vila nestes relatos.
P. As historias conxugan drama e comedia?
R. Hai relatos que terminan ben, e outros non tan ben, pero todos teñen algo divertido. Así foi como sucederon ou como mos contaron. Algunhas historias son acontecidos xudiciais que xuntei nun único relato, e aínda que algún narre un suceso triste, relacionado por exemplo cunha morte, sempre ten algo divertido.
P. O tema xudicial da para tanto?
R. A nosa profesión da lugar para moitas historias. Hai asuntos que son moi choqueiros, pero algúns son técnicos, que sirven para contar só entre curia, e outros non se poden contar.
P. Como será a presentación?
R. Participarán amigos e leeremos cachiños dos relatos, para animar a leer o libro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEL 20 AL 23 DE JULIO
O Carballiño lleva ilusión a los más pequeños con títeres
CULTURA GALEGA
A Festa da Palabra tomou un ano máis a Ínsua dos Poetas
PASE A DISPOSICIÓN JUDICIAL
La matricida de Carballiño dice que mató a su madre porque pensaba que era el demonio
Lo último