RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
CONSELLO DA XUNTA
O Consello da Xunta deste luns recolle que este venres publicarase no DOG unha nova convocatoria de axudas para a destilación de crise, desta vez dirixida ás adegas das denominacións de orixe (D.O.) Monterrei e Ribeiro, cun orzamento propio de 663.589,47 euros.
A medida busca reducir a estocaxe acumulada e dar saída ao produto sen alterar o mercado, convertendo o viño en alcohol de uso industrial (non alimentario).
A iniciativa, autorizada pola Comisión Europea a petición da Xunta a través da Consellería do Medio Rural e en coordinación co sector, subvencionará ás adegas destas dúas D.O. que se acollan ao proceso, cunha compensación de 0,965 euros/litro para Monterrei e de 0,66 euros/litro no Ribeiro.
A destilación deberá estar rematada antes do 15 de decembro e a documentación xustificativa poderá presentarse ata o 20 de decembro deste ano.
Trátase dunha medida excepcional e puntual xa aplicada o pasado ano, cando se destinou medio millón, e da que se beneficiaron 15 adegas da D.O. Ribeira Sacra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
ACEITES ABRIL
O Ribeiro gana peso en la producción de aceite gallego
Lo último
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores