REHABILITAR VILLAS HISTÓRICAS
Cinco locales de Vilas Vivas están en fase de adjudicación
VILAS VIVAS
O Nadal chegará a Ribadavia desde este venres ata o domingo a través do mercado de Nadal “Artesanía, saber e sabor”, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Consellería do Medio Rural, unha iniciativa na que se xuntará Artesanía de Galicia cos produtos co selo Artesanía Alimentaria a partir dun amplo programa de actividades.
O casco histórico de Ribadavia servirá de inspiración durante tres días para unha decoración de Nadal na que a artesanía será a protagonista. Ademais do seu mercado de produtos de Artesanía de Galicia -situado na igrexa da Madalena- e o de produtos de Artesanía Alimentaria, na Praza Maior, no evento haberá demostracións de arranxos florais, obradoiros gratuítos de estampaxe de postais, de cianotipias, de elaboración de sanandresiños ou de torno cerámico, nos que se poderán elaborar detalles cos que adornar as casas durante as festas.
Na programación destacan as propostas de Experiencias de calidade no Nadal combinando produtos de Artesanía Alimentaria, Agricultura Ecolóxica de Galicia, viños da D.O. Ribeiro e diferentes producións amparadas por denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Polas tardes, Papá Noel visitará o evento e compartirá un chocolate quente cos asistentes.
Artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria uniranse tamén para vestir mesas de Nadal e ofrecer ideas de menús para aperitivos, brunchs e merendas de Nadal, cun obradoiro aberto conducido por Salomé Beiroa e con Rosa Agrelo como encargada da decoración.
O programa compleméntase con degustacións e catas, experiencias dirixidas aos máis pequenos nas diferentes localizacións do evento e sorteos de lotes de produtos de Artesanía de Galicia e de Artesanía Alimentaria, que terán lugar cada un dos días ás 14,00 horas na Praza Maior e ás 20,00 horas na igrexa da Madalena.
As actuacións musicais e os espectáculos para os máis pequenos terán un papel destacado en “Artesanía, saber e sabor”. Mañá venres o programa comeza co “Consertasso na horta” de Brais das Hortas, ás 12,00 horas na Praza Maior, e coa actuación de Soul&Roll. Tamara Pérez e Miguel Araújo, na Praza de San Xoán unha hora máis tarde. A partir das 19,30 horas chegará a maxia de Dani Polo á Praza Maior e o día pecharase co concerto de Fanfarria Taquikardia na Praza de San Xoán, a partir das 20,30 horas, unha vez pechado o Mercado.
O sábado a programación musical comeza coa “Foliada do asalto” de Pesdelán, a partir das 12,00 horas na Praza de San Xoán, continúa cun pasarrúas dos Zoqueiros do Porriño de 18,00 a 19,00 horas e co show de Nadal de Broken Peach, que terá lugar na Praza Maior ás 19,30 horas, e remata ás 20,30 horas na Praza de San Xoán coa actuación do Sonoro Maxín.
O domingo será a quenda de Galifunk Brass, ás 13,00 horas na Praza de San Xoán, e de Leti da Taberna, que ofrecerá un monólogo a partir das 18,00 horas na Praza Maior.
Durante os tres días, a igrexa da Madalena será o escenario do mercado de Artesanía de Galicia, que contará con 10 expositores especializados en cerámica, xoiería, coiro, téxtil, madeira e bixutería. Trátase de Alfarería Lista, Contraform, Ferraxe de Prata, Jatafarta, Laura Triñanes, Logaro, Lumecú, María Monsalve, Mundaya e O Covil. Ademais, no obradoiro de torno cerámico (Xudería, 14), os ceramistas Nerea Carpente, de Peixe Nero, e Carlos San Claudio, contarán cun espazo para vender os seus produtos.
En canto aos obradoiros abertos, celebraranse en diferentes localizacións do casco antigo de Ribadavia e van dende as demostracións de arranxos florais de Floradeira, á estampaxe de postais con selos impartido por Amor ó teu, as elaboración de cianotipias e a estampaxe coa técnica do gyotaku, con Peixesapop, o de sanandresiños con Jorge Bellón ou o de torno cerámico.
O mercado de Artesanía Alimentaria estará localizado na Praza Maior e nel participarán De Liñares Apicultura, Triscos. Trasdeza Natur, Cienporcel, Torta de Sarria, Nela, Mamá Teresa, La Rabiosa, Xacobleas, Do Gaiteiro, Sacrapastas, Mel Casa Merche, Ánades Galicia, Menduiña, Aceiroga, Embutidos Valentina, O Rexo, Marmeladas A Morena e Pura Vila. No espazo “Experiencias de Calidade” poderanse ver os expositores da D.O. Ribeiro: Adega Pousadoiro, Cuñas Davia, Adega Sameirás, Casal de Armán, Viña Costeira, Adegas Maleiga, Adega Cotarelo, Bodega Villanueva, Iria Otero, Xulia Bande, Terras do Caselo, Tear dos Dodi, Eduardo Bravo e Viña Carpazal.
O evento “Artesanía, saber e sabor” de Ribadavia servirá como piloto dun proxecto máis amplo que a Xunta impulsará no 2025 baixo o nome de Vilas Vivas, que terá continuidade nesta vila histórica.
O propósito é darlle unha nova vida a baixos comerciais en desuso de diferentes cascos históricos para o desenvolvemento de eventos efémeros que atraian visitantes durante as fins de semana, ligando deste xeito comercio, gastronomía, turismo e cultura para ofrecer unha experiencia integral que impulse as cabeceiras de comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REHABILITAR VILLAS HISTÓRICAS
Cinco locales de Vilas Vivas están en fase de adjudicación
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
El Barbadás prescinde de Guillermo García
728 MILLONES EN LA PROVINCIA
El Gordo llega a León tras un verano especialmente duro
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Desorden
AL MENOS DOS SEMANAS
Parada de Sil y A Teixeira sin médico durante las navidades