Avelino Pazos será o candidato do PP en Castrelo de Miño
O Ribeiro
Baltar definiu ao candidato como "leal, comprometido, traballador, boa persoa e que transmite confianza"
Avelino Pazos Pérez asume o liderado da candidatura que o Partido Popular presentará en Castrelo de Miño ás eleccións municipais de maio. Avelino Pazos comezou a súa traxectoria política no primeiro comité executivo do Partido Popular baixo a presidencia de Manuel Baltar, cuxo proxecto foi o seu punto de partida á hora de dar o salto á vida municipal en 2011 como concelleiro. Agora, xa como cabeza de lista, afirma que Castrelo de Miño "precisa botar a andar de xeito urxente e poñerse a traballar prácticamente desde cero".
Baltar definiu ao candidato como "leal, comprometido, traballador, boa persoa e que transmite confianza, características que axudarán a conectar aínda máis coa veciñanza e coas administracións".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APOYAN LA INICIATIVA
Xunta de Galicia y Diputación de Ourense, proclives a avalar una hipotética fusión
LOS VECINOS HABLAN
La calle acoge dividida la fusión de Carballeda de Avia con Ribadavia
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios