OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
O Camiño Miñoto Ribeiro acaba de incorporarse como asociado de rurAllure, un proxecto de I+D da Unión Europea, coordinado pola Universidade de Vigo.
RurAllure é un proxecto do programa Horizonte 2020, que fomenta a cooperación cultural e o turismo sostible nas proximidades de rutas históricas de peregrinación europeas: os Camiños de Santiago, as rutas de peregrinación a Roma, a ruta de San Olav en Escandinavia e a Ruta Mariana a Csíksomlió / Şumuleu Ciuc, Romanía.
O proxecto de I+D pode definirse como a promoción de museos e sitios culturais en áreas rurais na contorna dos camiños de peregrinación de Europa ou a promoción do patrimonio rural.
RurAllure é unha opción polo patrimonio cultural como un engadido ás rutas de peregrinación, sexan percorridas na súa totalidade, ou só nalgúns dos seus tramos.
Dentro do rurAllure, o proxecto piloto dos Camiños de Santiago pretende difundir espazos e experiencias turísticas alternativas entre os peregrinos a Santiago de Compostela, centrándose nun tipo particular de patrimonio: o literario, atraéndoos a explorar o territorio polo que transitan, seguindo os pasos das persoas autoras e as obras escritas. “Dende o Camiño Miñoto Ribeiro exploraremos o noso patrimonio cultural e literario camiñando cara a Santiago de Compostela”, sinala o presidente da asociación, Avelino Luis de Francisco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil