O CEIP de Cenlle expón un mural pola igualdade de xénero
SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN
O CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle expuxo un mural para promocionar a igualdade de xénero entre mulleres e homes, sendo unha das iniciativas beneficiadas polas axudas da Consellería de Política Social e Igualdade.
O colexio CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle ten exposto un mural que promociona a igualdade de xénero entre mulleres e homes. Con tal motivo, recibiu onte a visita do delegado territorial, Manuel Pardo, acompañado da alcaldesa, Rebeca Sotelo.
O delegado territorial explicou que esta expresión artística foi unha das iniciativas beneficiadas polas dúas liñas de axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais, que a Consellería de Política Social e Igualdade puxo en marcha para a promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero no seo da comunidade educativa. Neste senso, lembrou que estas achegas de preto dun millón de euros abranguen un total de 185 centros de toda Galicia.
Manuel Pardo subliñou que o obxectivo destas actividades é reforzar a sensibilización e prevención neste eido, poñendo o foco nos máis pequenos e a súa contorna. Ademais, sinalou que é especialmente importante que estas iniciativas se desenvolvan tamén nos municipios máis rurais.
Segundo apuntou, a promoción da igualdade é importante entre as xeracións moi novas porque son a base para acadar unha sociedade libre de violencia contra as mulleres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano