PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
o ribeiro
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Casares, valora positivamente o anuncio en días pasados do portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, en relación á futura lexislación sobre mobilidade de terras agrarias que, segundo dixo, beneficiará directamente á comarca do Ribeiro xa que facilitará poñer en produción terreo abandonado. Casado sinala ao respecto que "agardo unha axilidade na súa tramitación, aprobación e posterior aplicación. Aínda así penso que tal lei deberá ir acompañada dunha estratexia global a nivel galego que conxugue a integralidade das necesidades rurais, as potencialidades de cada zona e as ferramentas a implementar".
Juan Casado tamén apunta que "eu engadiría ademais a posibilidade de mobilizar outras terras, dentro do territorio da Denominación de Orixe, que requiren do consentimento de cambio de uso por parte da Consellería do Medio Rural". E ademais lembra que o Consello Regulador "xa está a dar os pasos necesarios para asegurar o futuro do motor económico da comarca do Ribeiro". Nese sentido sinalou que se está a actualizar o Rexistro Vitícola do Consello, "xa que levaba uns 25 anos sen facelo e consideramos que esta é unha ferramenta fundamental para coñecer cara onde podemos ir". Asemade, refírese ao proceso de redacción dun Estudo socioeconómico/Plan estratéxico do Ribeiro, impulsado por este Consello Regulador e financiado pola Deputación provincial, "que nos dará unha radiografía exacta do noso estado; nos indicará os problemas que padecemos e nos achegará as posibles solucións aos mesmos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
UN MARGEN PEATONAL
Reclaman más seguridad en el Camiño da Geira en Beade
MIL EUROS DE PREMIO
Cortegada celebra el 28 de febrero su Entroido
PROYECCIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL
Un año histórico de Ribadavia al frente de la Red de Juderías
Lo último
problema de gestión
El PP exige suelo para más vivienda protegida en Ourense
EVENTO SOLIDARIO
Vilamartín dona veinte mil euros contra el cáncer de páncreas