Fátima Pego, cantante da orquestra Panorama, ríndese aos encantos da Arnoia

O Ribeiro

A vocalista da orquestra galega visitou a localidade do Ribeiro con motivo da Festa do Pemento

Publicado: 02 ago 2020 - 11:02 Actualizado: 03 ago 2020 - 09:37

Fátima Pego (esquerda) e Tania Veiras (dereita) na Festa do Pemento da Arnoia.
Fátima Pego (esquerda) e Tania Veiras (dereita) na Festa do Pemento da Arnoia.

Este fin de semana a localidade ourensá da Arnoia celebra a súa Festa do Pemento. Unha celebración atípica na que a crise do coronavirus obrigou a readaptar o formato da festa gastronómica, cambiando a degustación que tiña lugar no recinto da Queixeira por unha ruta gastronómica a través dos establecementos da localidade. Entre as persoas que se achegaron ata Arnoia nesta primeira xornada destacan rostros coñecidos como o de Fátima Pego, a vocalista da orquestra Panorama. Pego degustou o producto estrela da Arnoia en compañía da súa compañeira de profesión, a cantante Tania Veiras.

A orquesta Panorama tamén se viu afectada polo covid-19, sendo unha das primeiras formacións que anunciou a cancelación da súa xira para este 2020 debido á imposibilidade de adaptar o seu espectáculo ao formato requerido pola nova situación.

Esta edición da Festa do Pemento contou con máis rostros coñecidos, como o da cantante galega Pili Pampín, quen se achegou ata a localidade ourensá para probar os pementos da Arnoia.

Arnoia 1/8/20 Festa do pemento en Arnoia por los bares del pueblo Alicia,Pili Pampín,Pachi,José Manuel Fotos Martiño Pinal
Arnoia 1/8/20 Festa do pemento en Arnoia por los bares del pueblo Alicia,Pili Pampín,Pachi,José Manuel Fotos Martiño Pinal
Arnoia 1/8/20 Festa do pemento en Arnoia por los bares del pueblo Ramón,Inés Fotos Martiño Pinal
Arnoia 1/8/20 Festa do pemento en Arnoia por los bares del pueblo Ramón,Inés Fotos Martiño Pinal

Contenido patrocinado

stats