Galería | Baíste, a aldea da Mamasunción de Chano Piñeiro
Mamasunción é máis que unha simple curtametraxe que forma parte do rico audiovisual galego. Mamasunción é un retrato da sociedade galega dos anos 50, é unha muller do rural que viu marchar ao seu fillo que nunca volveu, que viviu na soidade ata finar. Mamasunción son todas as mulleres galegas viúvas de vivos.
Chano Piñeiro, o director natural de Forcarei, fíxose un nome no mundo do cine polo seu ollo documentalista e pola súa sensibilidade para transmitir unha realidade capaz de traspasar as pantallas. Corenta anos máis tarde a curtametraxe de Chano Piñeiro segue removendo os corazóns de todas as galegas e galegos aos que a emigración dalgún familiar marcou a súa vida.
Fotos: Sandra Iglesias
1/24
Unha das casas da aldea de Baíste por onde se rodou a curtametraxe.
2/24
As casas permanecen pero non a xente delas.
3/24
A vida que había nas casas da aldea queda reflictida nos pequenos detalles, como a roupa a secar nunha das casas.
4/24
Na actualidade xa nada queda da vida que se respiraba hai 40 anos.
5/24
Os camiños da aldea de Baíste polas que Mamasunción pasaba para ir cara a oficina de Correos.
6/24
Algunhas delas mantéñense practicamente intactas.
7/24
A vivenda que na curtametraxe de Chano Piñeiro facía de fogar da protagonista Mamasunción.
8/24
Chano Piñeiro con Mamasunción guiando á muller nas escenas que rodaron en Baíste para a curtametraxe.
9/24
A día de hoxe permanece a construcción, apenas perturbada polo paso do tempo.
10/24
Outros escenarios sufriron máis cambios ao longo do tempo, como é a oficina de Correos.
11/24
En ocasións as ganas e a paixón das personas por recuperar e coidar o rural deixan a súa pegada nas aldeas.
12/24
Os camiños de Baíste polos que transitaba a xente.
13/24
Agora locen baleiros de vida e de xente.
14/24
Os veciños da aldea paseábanse polos camiños da aldea mentres mantiñan conversas entre eles.
15/24
Nada teñen que ver estes camiños na actualidade coa vida que amosaban na curtametraxe de Chano Piñeiro.
16/24
A natureza facéndose un oco entre as poucas construcións da pequena aldea de Baíste xa se deixaban ver en Mamasunción.
17/24
Mamasunción na súa cama ollando cara a fotografía do seu fillo que marchara a América.
18/24
O paso dos anos e o despoboamento da aldea deulle máis espazo á natureza para extenderse en toda a súa amplitude.
19/24
Algúns cabaceiros que se poden ver xusto á entrada de Baíste.
20/24
A día de hoxe aínda se manteñen, aínda que sen uso algún.
21/24
O lavadeiro ao que acudían as mulleres da aldea para lavar as súas roupas e tamén para falar coas demais veciñas.
22/24
Hoxe xa nada queda desa vida que se formaba arredor do lavadeiro.
23/24
Unha das casas de Baíste no que se anunciaba onde se atopaba a oficina de Correos.
24/24
Na actualidade foi restaurada e transformada nunha casa rural.