EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
40º ANIVERSARIO
Mamasunción é máis que unha simple curtametraxe que forma parte do rico audiovisual galego. Mamasunción é un retrato da sociedade galega dos anos 50, é unha muller do rural que viu marchar ao seu fillo que nunca volveu, que viviu na soidade ata finar. Mamasunción son todas as mulleres galegas viúvas de vivos.
Chano Piñeiro, o director natural de Forcarei, fíxose un nome no mundo do cine polo seu ollo documentalista e pola súa sensibilidade para transmitir unha realidade capaz de traspasar as pantallas. 40 anos máis tarde a curtametraxe de Chano Piñeiro segue removendo os corazóns de todas as galegas e galegos aos que a emigración dalgún familiar marcou a súa vida.
A opera prima de Piñeiro en materia de producións de curta duración inaugurou a retransmisión en todos os fogares galegos da Televisión de Galicia o 25 de xullo de 1985, e con ela gañou o Premio da Crítica na sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia. Esta primeira curtametraxe serviu no seu momento para contar a historia dunha sociedade e dun rural que hoxe xa non se pode ver. Un rural que só se lembra grazas ás memorias dos máis maiores, e grazas á obra de Piñeiro.
“Chano quería buscar unha aldea que non estivese contaminada polo progreso, que era o que lle gustaba a el”, apunta Carme Toba
Inspirada na historia dunha veciña da Forcarei natal do director, a curtametraxe foi rodada entre as aldeas ourensás de Baíste e Rubillón, pertencentes ao concello de Avión. Dous pequenos núcleos de poboación nas que se amosa unha vida da que carecen neste século, e na que apenas resisten un par de veciños que conservan os seus fogares.
Baíste e Rubillón foron os lugares idóneos escollidos polo director de Forcarei para reflectir esa sociedade dos primeiros anos do século XX. “Chano quería buscar unha aldea que non estivese contaminada polo progreso, que era o que lle gustaba a el”, concreta Carme Toba, socia fundadora da Asociación pola Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal).
Nunha reportaxe, Chano Piñeiro explicou o seguinte concepto: “Mamasunción non existe. Existen dúas ideas. Unha perdida nos recordos da miña infancia, desdebuxada pero fortemente presente. E outra viva, real, visible, diferente, moi superior ó maxín de calquera”. E é que Mamasunción está inspirada por unha veciña de Forcarei do director galego.
Carme Toba percorreu as aldeas de Mamasunción e a pesar de non haber moita xente habitando nelas, unha veciña de Rubillón, Elvira, resultou ser unha axudante de Chano Piñeiro na gravación da curtametraxe. Con apenas un quilómetro entre as dúas aldeas, a propia veciña de Rubillón amosoulle a Carme a súa sorpresa pola gran diferenza que existe entre ámbalas dúas. “Quedei alucinando porque é unha aldea que está pretiño de todo e é como retroceder 100 anos atrás”, contoulle Elvira a Carme.
A historia de Mamasunción é unha máis de todas as mulleres que quedaron na Galicia rural, que viron como emigraron os seus maridos e fillos en busca dun futuro mellor. En moitas ocasións, ese desexo non chegou nunca, e a Galicia rural dos anos 50 e 60 pouco a pouco foi esmorecendo e quedando baleira de xente e de futuro. “Penso que Chano quixo transmitir todo o que implicaba a emigración, as mulleres, que eran viúvas de vivos, a soidade, a vida na aldea que pasa lenta…”, resume Carme Toba.
“Os núcleos das familias que seguían no rural empezan a romper coa migración a América, logo a Europa e agora co éxodo rural. Esa xente realmente non volve e o rural queda totalmente esmorecido”, opina Carlos Henrique Fernández, presidente de Apatrigal
O fenómeno da emigración, especialmente a América pola sociedade do momento, é o tema arredor do que xira esta historia, xermolo do que desembocaría no éxodo do rural décadas máis adiante. “No caso de América era raro que a xente volvera para vivir aquí. Ou quedaban alá ou volvían con moitos cartos”, explica Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da la Asociación pola Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal).
Eran os maridos os que normalmente migraban e as mulleres e os fillos os que quedaban na aldea. “Ías a un sitio no que non sabías que ía pasar, entón, por salvagardar a familia, a idea era que marchara o marido e mandara cartos, Nalgúns casos despois viñan buscar ás mulleres e aos fillos, pero outros xa quedaban alá”, continúa Fernández Coto.
Coa marcha dos homes en busca dun futuro mellor, as mulleres quedaban soas nas casas das aldeas, mantendo un fogar á espera de que os seus maridos regresaran. “Os núcleos das familias que seguían no rural empezan a romper coa migración a América, logo a Europa e agora co éxodo rural. Esa xente realmente non volve e o rural queda totalmente esmorecido”, matiza o presidente de Apatrigal.
Mamasunción é unha reflexión moi profunda de Chano Piñeiro sobre a sociedade de principios do século XX. Na actualidade, esta curtametraxe supón unha peza documental que recolle unha realidade que foi desaparecendo, deixando tan só aldeas abandonadas e sen xente que sucumben ao esquecemento. Tamén reflicte as bases da sociedade galega de hoxe en día, que configura a nosa forma de ser e de vivir.
O éxodo do rural leva consigo unha consecuencia intrínseca: o esquecemento. A conservación destes espazos abandónase completamente á sorte da natureza, que invade aquelas zonas que no seu momento foron substituídas por casas para construír fogares nos que habitar. “É un problema para a conservación do patrimonio cultural, pero especialmente para un tipo de patrimonio, que é o inmaterial”, puntualiza Carlos Henrique Fernández.
O desarraigo da terra e a perda de habitantes no rural teñen como consecuencia a perda de pequenos topónimos, tradicións, cultura e o misticismo que agocha o interior de Galicia. Os centros neurálxicos que eran antes as pequenas aldeas e que na actualidade están completamente baleiras deixan tras de si unha cultura e un patrimonio que, do mesmo xeito que esmorece o rural, esa sociedade cos seus trazos propios esmorecen con el.
É ese rural, do que xa nada queda e non se ve, o que captura Chano Piñeiro cunha Super 8 nas aldeas de Baíste e Rubillón, a primeira delas, practicamente abandonada, mentres que na segunda aínda quedan algunhas persoas que lembran a rodaxe desta curtametraxe e mesmo participaron nela.
“Antes a emigración era distinta, tiñas que levar as arcas cheas de cousas. Levabas toda unha vida, moitas veces para nunca volver”, explica Carme sobre a emigración de principios de século a América.
O rural galego, en especial o interior de Galicia, leva décadas condenado ao seu esmorecemento, unha tendencia que continúa na actualidade co éxodo do rural cara as cidades en busca de mellores oportunidades. “A nós como sociedade galega sempre nos ensinaron a emigrar, nunca a quedarnos”, conclúe Carme.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
CULTURA GALLEGA
Ruth Matilda Anderson, mucho más que fotógrafa
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
En el umbral de la aporofobia
Nuevos emprendedores en Ourense
Más de 50 millones de facturación vienen de jóvenes empresarios